Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Bolsas para deportistas da provincia, ano 2020

A Deputación provincial da Coruña convoca bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles ás persoas deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

Inscricións:

Dende o 11/03/2020 ata o 31/03/2020

14:00 horas.

Prazo suspendido polo Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo de 2020.

Requisitos:

  • Practicar un deporte, de carácter individual, que pertenza a un dos deportes olímpicos e disciplinas olímpicas, tanto de verán como de inverno, incluídos no programa oficial dos Xogos Olímpicos/Paralímpicos do ano 2016 e dos próximos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Tokyo, no ano 2020. Ten a consideración de deporte de carácter individual todo aquel deporte que, segundo a súa regulamentación, é practicado por un ou por dous deportistas como máximo.
  • Condicións particulares:
    • Grupo A.- 12-17 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2003 (incluído).
    • Grupo B.- 18-23 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1997 (incluído).
    • Grupo C.- 24-30 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro 1990 (incluído).
  • Só se poderá solicitar bolsa por unha única modalidade deportiva.
  • Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, cunha antigüidade ininterrompida, polo menos, dende o 1 de xaneiro do 2018.
  • Dispoñer de licenza deportiva vixente.
  • Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.
  • A tramitación será telemática a través da plataforma SUBTEL

Remuneración / Dotación:

3.500,00 € cada bolsa. 

Páxina web:

www.dacoruna.gal

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña nº2. 15003 A Coruña 

Tel. 981 080 319

Publicación: 

BOP 03/03/2020 (Bases reguladoras) 

BOP 10/03/2020

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión