Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

O Instituto Galego de Promoción Económica convoca 50 prazas para a capacitación de mozos e mozas profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, con destino en organismos de promoción económica, centros de investigación e/ou empresas en Galicia e no estranxeiro.

Inscricións:

Ata o 04/05/2020

De conformidade coas medidas preventivas do sector público autonómico adoptadas como consecuencia da evolución do COVID-19, suspéndense os prazos para a tramitación dos procedementos no ámbito do Igape.

Duración:

12 meses.

Requisitos:

  • Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1990.
  • Posuír a nacionalidade española e nacido en Galicia, ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio de Galicia con dous anos de antigüidade
  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: 
    • Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): Administración e Dirección de Empresas, Ciencias do Transporte e Loxística, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Empresariais, Ciencias Políticas, Comercio, Comercio Exterior, Dereito, Dirección e Creación de Empresa, Dirección de Empresas-BBA, Dirección Financeira e Contabilidade, Economía, Enxeñaría, Estatística e Empresa, Márketing e Dirección Comercial, Márketing e Investigación de Mercados, Relacións Internacionais, ou outras con distinta denominación, pero de contidos similares ás citadas.
    • Formación profesional: técnico superior en Comercio Internacional.
    • Outras titulacións universitarias non preferentes (licenciatura, diplomatura ou grao) doutras temáticas coa condición de que se dispoña ademais de título de máster en Comercio Internacional.
  • Coñecementos de inglés (falado e escrito): nivel mínimo B2 (acreditarase mediante a realización dun exame) Opcionalmente, as persoas candidatas, ademais de examinarse de inglés, poderán indicar na solicitude ata tres idiomas adicionais dos que queiran examinarse, de cara a ter máis puntos no baremo. Os idiomas adicionais dispoñibles son: chinés, alemán, francés e portugués.
  • Estar dado de alta como demandante de emprego (ou de mellora de emprego) no servizo público.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial.
  • Non ter gozado dunha bolsa concedida por outros organismos distintos de Igape, relacionada coa internacionalización empresarial ou con prácticas en empresas fóra de España. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios. 
  • Presentación das solicitudes: A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Remuneración / Dotación:

O importe máximo por bolseiro é de 48.000 € por un período de 12 meses. As dotacións variarán segundo o destino e o número de meses de estadía en Galicia e no estranxeiro.

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento IG414A

Contacto:

Instituto Galego de Promoción Económica - IGAPE

Complexo Administrativo San Lázaro s/n. 15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 900 815 151

Oficina da Coruña: Rúa Vicente Ferrer, Nº 2. Edificio administrativo 2ª planta. 

Telf: 981 182 239

Email: informa@igape.es

http://www.tramita.igape.es

Publicación: DOG 03/03/2020

A formación práctica levarase a cabo no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas do Igape ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro), para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión