Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

38 resultados

  • Axudas de mobilidade para alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores

    Inscricións:

    Ata o 02/05/2024

    A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2023/24.

  • Bolsas do Ministerio de Cultura/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos nos Estados Unidos de América

    Inscricións:

    Dende o 01/04/2024 ata o 26/04/2024

    Cinco bolsas do Ministerio de Cultura / Fulbright para a ampliación de estudos artísticos en universidades e centros de Estados Unidos. Disciplinas: Artes audiovisuais, Artes escénicas, Artes plásticas e visuais, Música e musicología, Xestión cultural, museología e conservación do patrimonio.

  • Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23

    Inscricións:

    Dende o 26/03/2024 ata o 25/04/2024

    A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior para o alumnado que realizou e que rematou os seus estudos no ano 2023.

  • Bolsas “Programa de Iniciación na Empresa 2024/1” da Fundación SEPI

    Inscricións:

    Ata o 28/04/2024

    A Fundación SEPI convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2024/1, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas, universitarias ou de grao superior de formación profesional, sen experiencia profesional.

  • Convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025

    Inscricións:

    Dende o 19/03/2024 ata o 10/05/2024

    ás 15.00 h. (hora peninsular).

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

  • Programa de avais para a mocidade

    Inscricións:

    Dende o 01/03/2024 ata o 30/10/2024

    OI GVS convoca este programa ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que na data de presentar a correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos.

  • Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia

    Inscricións:

    Ata o 31/10/2024

    Ábrese o prazo para solicitar as axudas para compra de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Axudas á mocidade para a obtención dos permisos de condución B, C e D

    Inscricións:

    Dende o 24/01/2024 ata o 30/09/2024

    salvo esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca unha liña de axudas para facilitar a obtención do permiso de condución das clases B, C e D a persoas mozas galegas en situación de desemprego.

  • Axuda económica a través da tarxeta Benvida

    Inscricións:

    2 meses desde o día seguinte do nacemento ou resolución de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento permanente (3 meses se a persoa é emigrante retornada). No suposto de muller xestante, en calquera momento do 2024 sempre que supere as 21 semanas de xestación.

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca a axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para familias que no 2024 teñan un fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata 3 anos, así como para aquelas mulleres que no ano 2024 se atopen na semana 21 ou posterior de xestación.

  • 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) para estudos de máster

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2024

    A Secretaría Xeral da Emigración convoca 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega

resultados 38

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión