Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Concursos e premios

resultados 101

  • Spanish Thai Fashion Awards

    Spanish-Thai Fashion Awards

    Inscricións:

    Dende o 20/05/2020 ata o 15/07/2020

    Spanish-Thai Fashion Awards é un concurso que foi concibido coa colaboración das Embaixadas de Tailandia en España e España en Tailandia, apoiado por ACME (Asociación de Creadores de Moda de España) e ten como obxectivo: mostrar o deseño español utilizando materiais e inspiración de fusión Spanish-Thai, e afianzar as relacións culturais entre ambos os países.

  • Consumer Change Challenge

    Persoa nova, rodeada de iconos como bombilla (idea), claqueta de cine, símbolo play e unha estrela.

    Inscricións:

    Ata o 12/06/2020

    Lanzado pola Comisión Europea, o concurso convida as organizacións xuvenís e de consumidores a compartir as súas ideas e convertelas en conceptos de vídeo que aborden temas importantes para o consumidor e capacite aos consumidores para tomar decisións informadas.

  • Festival de cinema xuvenil sobre migracións, diversidade e inclusión

    Cartel Festival Andalucine Xuvenil

    Inscricións:

    Ata o 12/06/2020

    Dentro do proxecto Andalucine Xuvenil, financiado pola Junta de Andalucía, convócase un festival de curtos sobre migracións, inclusión e diversidade dirixido ás persoas acodes mozas de entre 9 e 25 anos. Con este concurso preténdese promover a sensibilización entre iguais, conviertiendo ás persoas novas en protagonistas dun verdadeiro cambio social.

  • Concurso REAJ #Tengoganasde...

    Banner do concurso: fotos de xente nova, en diferentes tipos de reunións, nun bar, no bosque, en casa ..

    Inscricións:

    Ata o 07/06/2020

    Por mor dos cambios que se van producindo no noso país debido á pandemia mundial provocada polo COVID-19 e que o estado de alarma continua, desde a Rede Española de Albergues Xuvenís, REAJ, puxeron en marcha unha nova iniciativa relacionada co concurso #QuédateEnCasa. Agora propoñen un novo concurso: #TengoGanasDe… Os requisitos para participar, a mecánica do concurso e os demais puntos das bases mantéñense.

  • Concurso internacional de ensaios para mozos "Unha carta miña en 2030"

    Nena subida nun taburete, nunha paisaxe desértico, mirando por un catalejo.

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2020, ás 23:59 h.

    Este concurso anual de ensaios, patrocinado por The Goi Peace Foundation e UNESCO, organízase nun esforzo por aproveitar a enerxía, a creatividade e a iniciativa dos mozos do mundo para promover unha cultura de paz e desenvolvemento sustentable. Tamén ten como obxectivo inspirar á sociedade para aprender das mentes novas e pensar en como cada un de nós pode marcar a diferenza no mundo.

  • Premios SELIC de creación literaria 2020

    Nome do certame

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2020

    Co obxecto de incrementar a presenza de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego, o Concello de Santiago de Compostela convoca un premio e dous accésits para obras escritas en galego nos xéneros de narrativa, poesía, teatro e ensaio.

  • XXXII Premio "Torrente Ballester" de Narrativa en Lingua Castelá

    Libro aberto cunha flor no medio.

    Inscricións:

    O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

    Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza aos nosos escritores, e coa vontade de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña, convoca o XXXII Premio "Torrente Ballester" en Lingua Castelá.

  • XXXII Premio "Torrente Ballester" de Narrativa en Lingua Galega

    Libro aberto cunha flor no medio.

    Inscricións:

    O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

    Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza aos nosos escritores, e coa vontade de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña, convoca o XXXII Premio "Torrente Ballester" en Lingua Galega.

  • XIV Premio "Raíña Lupa" de Literatura Infantil e Xuvenil

    Ilustración dunha rapaza sentada sobre un libro aberto, voando ao lado das nubes e o sol.

    Inscricións:

    O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

    Coa vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e de facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela convócase o XIV Premio “Raíña Lupa” de literatura infantil e xuvenil.

  • XX Premio "Miguel González Garcés" de Poesía

    Paisaxe poética sobre un libro aberto.

    Inscricións:

    O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

    Dando continuidade ao que xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e recollendo tamén o exemplo deste significativo escritor coruñés, a Deputación da Coruña convoca o XX Premio “Miguel González Garcés” de poesía.

resultados 101

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión