Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

3º Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Inmaterial galego-portugués

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! convoca este certame, co que quere propor que se recuperen e poñan en valor as fotografías con valor patrimonial para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao tránsito do ámbito analóxico para o entorno dixital.

Inscricións:

Ata o 30/04/2020

Requisitos:

  • O certame terá dúas categorías. 1ª Categoría: poderá participar o alumnado de Infantil e Primaria. En Portugal incluirá o Ensino Básico e Segundo Ciclo. 2ª Categoría: poderá participar alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do sistema educativo galego. En Portugal poderán participar do terceiro Ciclo en adiante.
  • As fotografías deberán conter imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial e estar tomadas en datas anteriores a 1970.
  • Presentaranse dixitalizadas, coa maior resolución posible, nun dos formatos habituais: jpg, mpeg, bmp... Cada imaxe acompañarase dun texto libre onde se poderán detallar os datos básicos da foto: onde está tomada, quen aparecen nela, data aproximada na que foi feita e unha explicación do que se ve, relatando a relación desa imaxe co Patrimonio Cultural. O texto terá unha extensión máxima de 150 palabras na 1ª categoría e de 250 na 2ª e poderá mandarse en formato Word, OpenOfce, PDF ou manuscrita e escaneada.
  • Cada centro educativo poderá participar coa cantidade de fotografías que desexe. Cada participante só poderá achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a aportación de imaxes de fóra dese ámbito.
  • O sistema para o envío das fotos será a través da páxina www.escolasnasondas.com, seguindo as instrucións que alí aparecen.

Remuneración / Dotación:

Establécense os seguintes premios por cada unha das categorías:

  • 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora.
  • 2º premio: unha tablet de 10".
  • 3º premio: unha cámara dixital compacta.

Unha vez cubertos ditos premios e no caso de haber máis fotografías que, ao xuízo do xurado, sexan merecedoras de recoñecemento poderá concederse un número de até dous Accesits por categoría que recibirán como premio unha tablet de 7".

Páxina web:

http://pontenasondas.org/3o-certame-as-imaxes-do-patrimonio/

Contacto:

Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!

Email: ondas@pontenasondas.org

Documentos:

Bases completas (2 MB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión