Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Concurso DiversimaCine

Certame de documentais e curtas sociais, que organiza a Asociación Poten100mos.

Inscricións:

Ata o 15/07/2020

Requisitos:

  • Poden participar colectivos, ONG, produtoras e realizadores individuais de calquera nacionalidade, cultura ou relixión. Só se admitirán traballos realizados dende 2018 a 2020, ambos incluídos.
  • Máximo de dúas curtametraxes por participante.
  • As obras presentadas non poderán superar os 25 minutos de duración.
  • Os traballos poderán presentarse en calquera lingua aínda que terán que estar obrigatoriamente subtitulados ao castelán ou galego.
  • As obras deberán tratar temáticas sociais que afecten, exclusivamente, aos seguintes colectivos: Persoas con diversidade funcional (física, intelectual, psíquica e/ou sensorial). Migrantes. Minorías étnicas. Persoas monoparentais con fillo/os ao cargo. Persoas sen fogar ou afectadas por temas de vivenda. Vítimas de discriminación, por razón de orientación sexual ou identidade de xénero. Solicitantes de asilo. Persoas con problemas de adicción. Nenos ou novos afectados por acoso escolar ( bullying). Desempregados de longa duración, menores de 25 anos ou maiores de 55.
  • Os traballos, así como a documentación necesaria (véxase bases completas) deberán enviarse:
    • Por e-mail a diversimacine2020@poten100mos.org a través de Wetransfer ou mediante Vimeo ou Youtube (con contrasinal e opción de descarga activada)
    • On- line, pola plataforma Filmfreeway.
    • Ao enderezo postal da Asociación Poten100mos por correo certificado.

Remuneración / Dotación:

Mellor documental e Mellor curtametraxe de ficción, cuxo premio está dotado en 350€, por cada categoría.

As dúas obras gañadoras (premiadas) e as dúas obras finalistas (mención) serán proxectadas nunha gala final, á que debe asistir o autor, o seu representante ou, na súa falta, enviar un vídeo de agradecemento, pra poder proxectalo no acto de entrega de premios. 

Páxina web:

https://poten100mos.org/diversimacine-esp-2020

Contacto:

Asociación Poten100mos

Rúa Costa da Unión

15005, A Coruña

Tfno.: 625 12 62 35

Mail: info@poten100mos.com

Documentos:

Bases completas (174 KB)

O Festival Diversimacine forma parte da Plataforma Diversidarte e enmarcase dentro da celebración do Festival Diversidarte que se celebrará durante o mes de setembro na cidade da Coruña.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión