Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

II Concurso de Podcasts - Radio na Biblio

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca o II Concurso de podcasts- Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Radio galega (CRTVG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

Inscricións:

Ata o 25/04/2020

Requisitos:

  • Como o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano é Ricardo Carvalho Calero, ensaísta, político, filólogo, escritor e profesor, que tivo a honra de ser o primeiro catedrático de Lingua e Literatura galegas da USC, a temática poderá versar sobre: a riqueza do patrimonio lingüístico galego, especialmente vinculado ao medio xeográfico, cultural e humano máis próximo ao centro que participa, así como a estimular a lectura de poesía e teatro galegos.
  • Establécense 4 modalidades de participación, segundo o nivel do ensino, e seleccionaranse 2 podcasts por modalidade (un por temática: riqueza do patrimonio lingüístico galego / poesía ou teatro), atendendo á orixinalidade do traballo e a calidade sonora e de contido: I: Alumnado de Infantil e 1º/2º de Primaria. II: Alumnado de 3º a 6º de Primaria. III: Alumnado de Secundaria. IV: Alumnado de Bacharelato, ensinanza de Persoas Adultas ou Ciclos Formativos.
  • O arquivo sonoro, en formato mp3 ou wav pode ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un noticieiro, un faladoiro, un debate, etc. 
  • Os traballos presentados estarán realizados en lingua galega. Cada centro educativo poderá presentar un máximo de 3 podcasts, cunha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5.
  • O formulario de participación (anexo II da convocatoria) xunto coa ligazón ao podcast remitiranse a asesoria.bibliotecas@edu.xunta.es

Remuneración / Dotación:

Os centros seleccionados nas distintas modalidades recibirán unha asignación extraordinaria de 1.000€ para melloras no equipamento e infraestructura do laboratorio/emisora de radio, que deberá quedar vinculado á biblioteca do centro. Ademais poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela.

Os podcasts premiados serán emitidos pola Radio Galega, e serán difundidos a través da páxina web da Radio Galega e da canle dixital do Diario Cultural. Tamén recibirán difusión a través dos medios web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Emitiranse entrevistas aos gañadores o 17 de maio, na programación especial da Radio Galega con motivo do Día das Letras Galegas.

Páxina web:

https://www.edu.xunta.gal/

Contacto:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781 - Santiago de Compostela

Tfno.: 981 54 65 58 / 981 54 65 59

Email: dxcrrhh@edu.xunta.es

Documentos:

Bases completas (6 MB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión