Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

VII Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero 2020

A Deputación Provincial da Coruña convoca o VII Concurso de guións contra a violencia de xénero, co obxecto de elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia económica como forma de control e dominación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/12/2020

14:00 h.

Requisitos:

  • Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.
  • Cada participante/s só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade. 
  • Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.
  • O guión editarase tendo en conta os seguintes criterios:1. Identificarase cun título.2. Redactarase con formato courier 12, interliñado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxinas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha produción aproximadamente de 3 ou 4 minutos).3. Deberá conter, polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descrición/acción, personaxe, diálogo (de ser o caso), anotación ou parénteses, transicións, e planos.4. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero.
  • As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

Remuneración / Dotación:

Único premio ao guión gañador: curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso. Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.

Páxina web:

https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concurso-guions-contra-violencia-xenero

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avda. Porto da Coruña nº 2

15003 A Coruña

Teléfono: 981 080 317  

Email: servizos.sociais@dacoruna.gal                       

Publicación: BOP 28/10/2020

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión