Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

XI Premio Rosalía de Castro de Lingua 2020

A Deputación da Coruña volve convocar o premio "Rosalía de Castro" de promoción da lingua galega está destinada a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico, quer no ámbito da provincia, quer a nivel galego. Será especialmente significativo o traballo con aqueles sectores de especial relevancia para o futuro do galego.

Inscricións:

Ata o 30/04/2020

Requisitos:

  • Poderán presentar candidaturas para a concesión do premio todas as persoas físicas ou xurídicas que estiveren interesadas na promoción da lingua galega.
  • Nas candidaturas poderán propoñer calquera persoa, colectivo, asociación ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa promoción da lingua galega. Só se admitirá unha candidatura por persoa física ou xurídica. Non se admitirán candidaturas presentadas por persoas ou entidades premiadas nas edicións anteriores do Premio e tampouco se poderán propoñer autocandidaturas.
  • A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).
  • Haberá dúas categorías: A) Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2020 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que máis destaque na promoción da lingua galega. B) Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2020 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade.

Remuneración / Dotación:

Tanto a categoría A como a B están dotadas coa cantidade de 3.000 € cada unha delas.

Páxina web:

https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/rosalia

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Unidade Técnica de Normalización Lingüística 

 Avenida Porto da Coruña nº 2

15003 A Coruña

Tel.: 981 080 317

Email: deputacion@dacoruna.gal

Publicación: BOP 21/02/2020

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión