Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

61 resultados

  • Concurso de carteis "Quin Alborés-Nigranjazz 2024"

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2024

    O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis "Quin Alborés-Nigranjazz", que dende o ano 2010 está dedicado ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero que impulsou o Festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.

  • DiscoverEU

    Inscricións:

    Dende o 16/04/2024 ata o 30/04/2024

    ata as 12.00 h.

    DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de explorar Europa a través dun bono para viaxar en tren e, ademais, un Carné Novo Europeo para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

  • XXVI Concurso de Bandas e Solistas Cuac FM

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXVI edición do seu certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais co obxectivo de promover a cultura musical na nosa contorna e dar a coñecer proxectos que non teñan unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas e da Coruña, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de toda España.

  • XXII Premio de Poesía Afundación

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2024

    O XXII Premio de Poesía Afundación é unha iniciativa da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e do Centro PEN de Galicia, e conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O seu obxetivo é impulsar a creación en lingua galega.

  • Concurso de Contos Vila de Pontedeume

    Inscricións:

    Ata o 23/04/2024

    O Concello de Pontedeume convoca a 34ª edición do seu concurso de contos en lingua galega dirixido a menores de 20 anos.

  • Concurso de relatos curtos "Relato indiscreto"

    Inscricións:

    Ata o 24/04/2024

    En colaboración con Cultura Inquieta e Cursiva, o Grupo Gmp lanza a V edición do seu Concurso de Relatos Curtos, nesta ocasión a temática será a do "Relato indiscreto".

  • Concurso Literario Xaime Illa Couto

    Inscricións:

    Ata o 12/04/2024

    ata as 14.00 h.

    O Concello de Poio convoca unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto, nas modalidades de poesía e relato curto ou conto.

  • IV Concurso “O noso futuro é a nosa historia”

    Inscricións:

    Ata o 01/05/2024

    A Asociación Futuro da Educación da Región de Murcia (AFEReM) convoca unha nova edición do concurso de memoria histórica para mozas “O noso futuro é a nosa historia”, nesta ocasión ampliando a participación a todo o ámbito estatal.

  • IV Concurso Fotografía da Natureza: Aves

    Inscricións:

    Ata o 25/05/2024

    A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC convoca o seu IV Concurso Fotografía da Natureza, que nesta ocasión ten como tema das imaxes as aves.

  • Concurso de microcine sobre saúde mental "Estar ben en 60 segundos"

    Inscricións:

    Ata o 21/04/2024

    Cultura Inquieta lanza xunto a Iberdrola o concurso de microcine sobre saúde mental "Estar ben en 60 segundos", co que buscan dar voz a historias de superación ou visibilizar procesos internos de loita que poden ser referente para as batallas que están a librar outras persoas.

resultados 61

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión