Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Flisol - Festival latinoamericano de instalación de software libre

O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público. A entrada é gratuíta e o seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento.

Cando:

25/04/2020

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

A entrada ás charlas e talleres é libre e gratuíta ata completar aforamento. Non é necesaria a inscrición previa para asistir ao Flisol.

Páxina web:

https://flisol2020acoruna.gitlab.io/

Organizador:

Melisa en colaboración con Bricolabs

Contacto:

Charlas e talleres:

Replicant VOS, o android libre. Horario: 10:00 h. a 11:00 h.

  • Duración estimada: 1 hora
  • Desripción: Charla sobre Replicant VOS, o android libre, a súa historia, que é e como funciona.

¿O meu móbil me espía? A difícil tarefa de escapar do caPita lismo da vixilancia. Horario: 11:00 h. a 12:00 h.

  • Duración estimada: 1 hora
  • Nesta charla veranse os perigos aos que se enfronta a sociedade tecnolóxica actual, como funciona o caPita lismo da vixilancia e darán unha serie de consellos para o día a día, boas prácticas e apps que nos axudan a reducir a cantidade de información persoal que a diario regalamos a través dos nosos teléfonos móbiles.

Como instalei Linux nunha tablet Android sen morrerme (demasiado) no intento. Horario: 12:15 h. a 13:00 h.

  • Duración estimada: 30 - 45 minutos
  • Descrición: Unha épica misión: instalar GNU/Linux nunha tablet Android. Un difícil obxectivo: non acabar ingresado no frenopático da esquina. Así convertín unha tablet de mercadillo nun portátil cutre pero funcional.

Experiencias sobre reciclaxe electrónica e prolongación da vida útil con software libre no Banco de electrónica de Teo. Horario: 13:00 h. a 14:00 h.

  • Duración estimada: 1 hora
  • Descrición: Presentación desta iniciativa, inaugurada en 2017, polo concello de Teo (A Coruña). Un grupo de voluntarios recolle equipos electrónicos doados (computadores de sobremesa, equipos portátiles e teléfonos móbiles) para ser reacondicionados e postos a disposición de persoas con menos recursos. Todo o relacionado co consumo responsable, a reciclaxe e a prolongación da vida útil con software libre. Tamén haberá espazo para falar sobre upcycling e a reutilización de desfeitos electrónicos para realizar outros proxectos.

¿Hai vida máis alla de Android?: Como adaptar solucións libres nos nosos smartphones e tablets ampliando a súa funcionalidade / PinePhone, solución hardware libre para smartphone. Horario: 16:00 h. a 18:00 h.

  • Duración estimada: 2 horas
  • Descrición: Nesta charla exporán a cuestión de se existen formas de usar o noso dispositivos móbiles sen encartarse á "tiranía" de Android. Expoñerase unha recompilación de sistemas operativos (tanto hosts como embebidos) e software de utilidade. Realizarán demostracións prácticas en directo de instalación e uso deste tipo de programas e daranse indicacións concretas para poder poñer en práctica estes coñecementos nos nosos propios dispositivos

Platformio, unha contorna libre de programación de microcontroladores. Horario: 18:00h. a 19:00 h.

  • Duración estimada: 1 hora
  • Descrición: PlatformIO é un ecosistema "Open source" de desenvolvemento especialmente para contornas IoT que brinda unha plataforma de desenvolvemento única independentemente do hardware que esteas a empregar. Ademais, encárgase de manexar todos os requirimentos a nivel de librerías de forma centralizada posibilitando a migración entre plataformas e a compartición de código entre diferentes persoas dentro dun equipo.

Demostración e axuda á instalación de solucións libres para a túa smartphone e tablet. Horario: 10:00 h. - 14:00 h. e 16:00 h. -19:00 h.

  • Descrición: Voluntarios mostrando solucións libres aos asistentes e axudando a probar/instalar nos seus equipos. PinePhone, PinteTime e outros smartphones/tablets con sistemas operativos libres/aplicacións.
  • Esta actividade terá lugar no Espazo Maker da Domus.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión