Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Lanzadeiras Conecta Emprego

A iniciativa da Fundación Santa María a Real LCE ofrece dúas actividades: “Alfabetización Dixital” e “Lanzadeira Conecta Emprego”. Cada está destinada a un público diferente, con metodoloxía, contidos e duración diferentes.

A quen vai dirixido?:

  • Poderán participar homes e mulleres con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos que se atopen en situación de desemprego na Coruña, Arteixo e Santiago de Compostela.
  • Poden ter calquera nivel de estudos (Sen estudos, Graduado escolar, ESO, Formación Profesional, Bacharelato, estudos universitarios...) e proceder de calquera sector laboral, teñan ou non experiencia previa.

Inscricións:

  • Alfabetización dixital: ata o 3 de marzo.
  • Lanzadeira Conecta Emprego: do 3 de marzo e ata o 27 de abril.

Prezo:

gratuíto

Páxina web:

Lanzadeiras de Emprego

Organizador:

Iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Fundación Santa María a Real e Fundación Telefónica, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, dentro do Programa Operativo POISES.

Contacto:

Lanzadeiras de Emprego

Tel.: 91 522 12 62

areaempleo@santamarialareal.org

https://www.lanzaderasconectaempleo.es/

Oficina de Emprego Galicia de Coruña Centro

Rúa Orillama, 78

Teléfono: 881 960 594

https://emprego.xunta.gal/

1.- ALFABETIZACIÓN DIXITAL

Os seus 10 participantes deberán completar as 30 horas de formación, que se distribuirán ao longo dun mes.

¿Que actividades realizan?

Talleres moi prácticos para aprender a usar diferentes ferramentas dixitais para a procura de traballo: aprenderán a abrir un correo electrónico ou a manexar diferentes programas informáticos para deseñar un novo currículo; a usar o seu teléfono móbil na prospección laboral; a navegar polos portais de emprego ou a sacar o máximo proveito ás redes sociais para atopar traballo.

2. LANZADEIRA CONECTA EMPREGO

Trátase de adestrar a 20 persoas desempregadas para activar e optimizar a súa procura de traballo, probando novas técnicas e ferramentas, acordes ao novo mercado laboral e ás necesidades das empresas. O programa ten unha duración de 4 meses.

¿Que actividades realizan?

Levarán a cabo dinámicas de intelixencia emocional, talleres de orientación laboral (modernización de CV, simulacións de entrevistas...); adestramento de competencias transversais e dixitais; mapas de empleabilidad e visitas a empresas. Para iso, contarán co acompañamento e asesoramento de profesionais especializados. Terá unha dixitalización progresiva, mellorando as competencias transversais e especialmente dixitais dos seus participantes; favorecendo a capacidade de aprendizaxe continua. As primeiras semanas haberá máis sesións presenciais. Aos poucos, iranse introducindo técnicas e ferramentas máis tecnolóxicas, videoconferencias, comunidade dixital, webinars con especialistas, etc.

Inscrición:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión