Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

251 resultados

  • Cusos de verán no Centro de Linguas da UDC

    Cando:

    Dende o 20/05/2024 ata o 15/07/2024

    Inscricións:

    Ata o 05/05/2024

    Xa está aberto o prazo de inscrición dos cursos de verán no Centro de Linguas da UDC, campus da Coruña e formación en liña. Teñen programados módulos de francés, inglés e italiano.

  • Bolsas de operario/a do servizo de auga e de operario/a de servizos múltiples no Concello de Vimianzo

    Inscricións:

    Ata o 22/04/2024

    Procesos de selección, mediante concurso oposición libre, para a elaboración de dúas bolsas de emprego para a cobertura de vacantes de operario/a do Servizo de Augas e de operario/a de Servizos Múltiples, como funcionario/a interino/a.

  • Guía Ti Elixes! 2024

    Cando:

    Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025

    Con motivo da realización da edición 2024 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.

  • Presentación libro "Desde mi punto de vista" de Óscar Caamaño

    Cando:

    20/04/2024

    Este sábado preséntase en Mardi Gras o libro de Óscar Caamaño con fotografías realizadas en múltiples salas galegas, moitas delas en Mardi Gras, con artistas moi diversos, ademais dalgún festival con imaxes de Iggy Pop.

  • Bolsa de Comisariado de exposicións e Xestión de museos

    Inscricións:

    Ata o 28/04/2024

    A Fundación Botín convoca unha bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral (curatorial studies).

  • Amoeba Split ft. Richard Sinclair (Caravan)

    Cando:

    26/04/2024

    Concerto no Ágora de Amoeba Split, unha banda coruñesa de jazz rock con máis de 20 anos de traxectoria. Considéraselles na actualidade como un dos máximos expoñentes mundiais do "Son Canterbury".

  • 20 bolsas para estudantes de grao e máster oficial da Universidade da Coruña no marco do Programa Campus Rural de Prácticas universitarias na contorna rural

    Inscricións:

    Ata o 25/04/2024

    Convócanse 20 bolsas de tres meses de duración cada unha para estudantes de grao e máster oficial da Universidade da Coruña no marco do Programa Campus Rural de Prácticas universitarias na contorna rural.

  • 45 premios á excelencia académica para estudantado dá Universidade de Vigo que inicia estudos de doutoramento

    Inscricións:

    Ata o 22/04/2024

    A Universidade de Vigo a través dá súa Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) quere atender de xeito especial ao alumnado que inicia estudos de doutoramento nesta universidade e destaca por unha traxectoria curricular de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

  • Campus de Verán XuvenCiencia da USC

    Cando:

    Dende o 30/06/2024 ata o 06/07/2024

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 12/05/2024

    O programa de convivencia e divulgación científica promovido polo grupo XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC ofrece na súa 12ª edición 95 prazas en réxime de aloxamento e pensión completa para alumnado de 4º curso de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP. O alumnado poderá iniciarse na investigación, tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde, como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades.

  • IV Concurso de Micorrelatos Biblioteca José Vargas

    Inscricións:

    Ata o 21/04/2024

    Co fin de promocionar o desenvolvemento da escritura en torno ao DíaInternacional do Libro, a biblioteca José Vargas de Abarán (Murcia) coa colaboración da Asociación Cultural AzáRock, convoca por cuarto ano consecutivo o concurso de microrrelatos.

resultados 251

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión