Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Antenas de Información Xuvenil curso 2018-2019

Cando:

O programa AIX desenvolverase de novembro de 2018 a maio de 2019

Inscricións:

Ata o 24/10/2018

ata as 20.00 h

Requisitos:

  • Ter mínimo 15 anos, cumpridos a 31-12-2018, e non máis de 30
  • Estar matriculado/a nun centro público (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e Conservatorio Profesional de Música), ou en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade
  • Presentar unha candidatura individual ou grupal, neste caso será dun máximo de 3 persoas por centro
  • Se a persoa solicitante é menor de idade precisará unha autorización asinada polo/a responsable legal

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es

web: www.coruna.gal/cmix

Documentos:

Descargar folleto e formulario de solicitude 2018-2019 (2 MB)

O CMIX busca voluntarios/as para a edición 2018-2019 do "Programa de Acción Voluntaria Antenas de Información Xuvenil en centros públicos e centros concertados con ESO e Bacharelato da Coruña". Esperámoste!

TI PODES SER A ANTENA DE INFORMACIÓN XUVENIL DO TEU CENTRO!

Ofrecémosche:

  • Recibir formación en materia de información xuvenil
  • Recibir gratuitamente o carné xove, o carné internacional de estudante, e o carné de alberguista durante o ano escolar no que participes como Antena de Información Xuvenil
  • Recibir entradas a eventos organizados ou programados polo Concello (concertos, cine, teatro etc.)
  • Obter un certificado que acredite a túa participación no programa

Cales serán as túas funcións:

  • Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen
  • Establecer un acordo de incorporación para o desenvolvemento deste programa
  • Manter o taboleiro informativo actualizado semanalmente, ordenado e atraente
  • Redifundir información de interese xuvenil a través dos medios ao teu alcance: redes sociais, compañeiros/as de instituto, delegados/as de clase....

INTERÉSACHE?...DATE PRÉSA... Preséntate!

CANDO E ONDE TES QUE ENTREGAR A SOLICITUDE?

Ata o mércores 24 de outubro, achegándote ao Centro Municipal de Información Xuvenil, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e sábados de 11.00 a 14.00 horas, coa seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • A ficha de solicitude, cos teus datos ben claros e completos
  • Unha copia do teu DNI
  • Unha CARTA DE MOTIVACIÓN comentándonos:
  1. Cales son as túas expectativas respecto a este programa e os intereses que te levaron a presentarte
  2. Como xestionarías o taboleiro de información xuvenil do teu centro
  3. Que farías para animar os teus compañeiros/as a estar ben informados/as e cal sería a túa proposta de difusión complementaria de información a través das canles dixitais ao teu alcance.
  4. Pertences a algunha asociación ou colectivo non formal? Nese caso indica o nome do grupo ou asociación, función que desempeñas, dende canto tempo etc.

*Se presentas unha solicitude conxunta con outros/as compañeiros/as do teu centro, a carta de motivación será unha por candidatura, non por persoa.

As persoas menores de idade, deberán presentar unha autorización asinada xunto coa copia do DNI da persoa responsable legal que asina a autorización (descarga  aquí modelo de autorización).

Tamén podes entregar a túa inscrición por correo electrónico a cmix@coruna.es (non esquezas enviarnos a túa carta de motivación e o resto da documentación).

COMO SABERÁS SE ES OU NON ELIXIDO/A COMO ANTENA?

O 25 de outubro publicarase na web www.coruna.gal/cmix a lista provisional coas persoas seleccionadas. 

Consulta  aquí  as BASES COMPLETAS do programa.

Non perdas

Actividades

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?