Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

"El viaje de Ulises"

Os deuses gregos moraban a cima do monte Olimpo e gobernaban sobre os seres humanos influíndo sobre estes coa súa protección ou co seu abandono

Cando:

07/03/2020

Horario:

18.30 h 

* Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez que comece a función.

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 € (abono 3, 3 entradas para a mesma función: 15,00 €) (menores de 3 anos: 2,00 €)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

Organizador:

IMCE

Algúns homes atrevéronse a desafiar os seus caprichos e foron vítimas da súa ira, como no caso de Ulises, quen ao ofender a Poseidón deixando cego o seu fillo Polifemo, este impídelle volver a Ítaca deixándoo vagar sen rumbo por todo o mar Mediterráneo.

A historia de Ulises é a historia da viaxe como metáfora da vida, da loita contra as dificultades e a forma de resolvelas. Unha viaxe chea de peripecias únicas e de xogos compartidos onde cada acto, cada escena, é un universo en si mesmo.

Podemos pedirlle a Ulises que nos deixe seguilo na procura da súa Ítaca, esperando con iso atopar tamén a nosa.

Longa vida ao heroe grego.

FETÉN 2019: premio ao mellor espectáculo

Intérpretes: Aritza Rodríguez, José Cruz Gurrutxaga / Eriz Alberdi, Fran Lasuen e Javi Tirado

Dirección artística e produción: Álex Díaz

Compañía: Teatro Gorakada

Público: + 7 anos

Espectáculo en castelán

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades dispoñibles)

venda en liña

Non perdas

Non perdas

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión