Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Xente Nova

A Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova, no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia, para o ano 2020, ao tempo que aproba a ampliación do seu uso á poboación moza entre os 4 e os 20 anos (ambos incluídos) e a expansión de maneira progresiva ao conxunto do territorio da Comunidade Autónoma

Inscricións:

Ata o 31/12/2020

Requisitos:

  • Persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral por estrada con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos de idade, inclusive
  • Tramitación: solicitar cita (a través da aplicación http://tmg.xunta.gal/xente-nova-como-conseguila) nunha oficina Abanca e, unha vez alí, presentar o DNI. Para os menores de idade, deberá solicitala a/o representante legal que, xunto cos DNIs, terá que levar o libro de familia ou documentos equivalentes

Remuneración / Dotación:

A tarifa Xente Nova supón o reintegro do 100 % do importe das viaxes metropolitanas interurbanas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais. 

Páxina web:

http://tmg.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Infraestructuras e Mobilidade

correo-e: tmg@xunta.gal

Tel. de información da Xunta de Galicia: 012

Publicación:

DOG do 26 de agosto de 2016 (Regulación da tarifa)

DOG do 27 de decembro de 2017 (Ampliación prazo de vixencia da tarifa)

DOG do 14 de decembro de 2018 (Ampliación prazo de vixencia da tarifa)

DOG do 31 de decembro de 2019 (Ampliación do prazo de vixencia da tarifa, do requisito de idade e o ámbito territorial de aplicación)

Dende a entrada en vigor desta orde, a tarifa Xente Nova resultará de aplicación nos servizos interurbanos de transporte público regular de viaxeiros/as por estrada de uso xeral das actuais áreas de transporte metropolitano da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo.

A expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa Xente Nova ata abranguer a totalidade da Comunidade Autónoma efectuarase progresivamente.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión