Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ensinanzas

catro avións de papel

Sistema educativo

As ensinanzas que ofrece o sistema educativo son: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Formación Profesional (FP), educación de persoas adultas e ensinanzas universitarias.

Ademais ofértanse as ensinanzas de idiomas, as ensinanzas artísticas e as ensinanzas deportivas, consideradas Ensinanzas de Réxime Especial.

A Lei orgánica de educación (LOE), do 2006, e a Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE), do 2013 que a modifica, son, actualmente, as normas básicas que regulan o sistema educativo e definen a súa estrutura.

As ensinanzas non universitarias

A Educación Primaria e a ESO comprenden dez anos de escolaridade obrigatoria e gratuíta para todo o alumnado.

A educación secundaria comprende a ESO, segunda e última etapa obrigatoria que se cursa dos 12 aos 16 anos; o Bacharelato, a Formación Profesional (FP) Básica e a FP de grao medio, etapas non obrigatorias.

Tamén forma parte da educación secundaria: as ensinanzas profesionais de Música e Danza, os ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño e as Ensinanzas Deportivas de grao medio.

O ensino universitario, as ensinanzas artísticas superiores, a formación profesional de grao superior, as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior e as ensinanzas deportivas de grao superior constitúen a educación superior.

As ensinanzas universitarias

Ensinanzas de carácter voluntario ás que habitualmente se accede a partir dos 18 anos. O ensino universitario ten normas específicas. Son as universidades no exercicio da súa autonomía as que deciden os títulos oficiais de grao e máster que deben impartir, así como a súa duración.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión