Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ensinanzas deportivas

As ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva.

Unha característica fundamental destas ensinanzas é a esixencia dunha proba de acceso de carácter específico. Con ela débese demostrar un nivel de dominio suficiente da modalidade ou especialidade deportiva para poder seguir con aproveitamento e seguridade as ensinanzas.

Grao medio:

  • Para acceder ao ciclo inicial das ensinanzas de grao medio será necesario ter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos.
  • Ademais dos requisitos xerais, para o acceso a calquera dos ciclos de ensino deportivo poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico, ou acreditar un mérito deportivo.
  • O título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria poderá substituírse pola superación dunha proba na que se demostre a madurez en relación cos contidos que se determinen no currículo da ESO. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 17 anos.
  • A superación dos ciclos inicial e final de ensino deportivo dará lugar á obtención do título de técnico deportivo que corresponda.

Grao superior:

Para acceder ao ciclo de grao superior será necesario ter os títulos de:

  • Bacharel ou equivalente para os efectos académicos
  • Técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva

* Proba de madurez: o título de bacharel poderá substituírse pola superación dunha proba na que se demostre a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato. Para realizar esta proba necesítanse 19 anos.

Ademais dos requisitos anteriores, cada modalidade poderá esixir calquera das seguintes condicións:

  • A acreditación de determinados méritos deportivos.
  • A superación dunha proba de carácter específico da modalidade ou especialidade deportiva.

A superación do ciclo de grao superior dá lugar á obtención do título de técnico deportivo superior na modalidade ou especialidade deportiva.

Os títulos de técnico deportivo superior nas diferentes modalidades e especialidades deportivas permiten o acceso aos estudos universitarios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión