Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
As Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP) que organiza a Concellería de Xustiza Social e Coidados da Coruña, en colaboración coas universidades da Coruña, Santiago e Vigo, teñen como fin informar e orientar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais á súa finalización.
Con motivo da realización das XXVII Xornadas, desde o Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, editamos a Guía Ti elixes!: Fontes de información sobre educación e emprego. Bolsas. (2019) , na que poderás atopar un directorio de fontes de información sobre emprego da cidade da Coruña, información sobre programas específicos de emprego, unha guía dos servizos de información, orientación e procura de emprego; así como recursos informativos sobre educación, directorios webs de universidades españolas etc.
Ademais unha selección de bolsas e axudas, actualizadas a 20 de marzo do 2019, e que serven de referencia para saber as bolsas que poderán ser convocadas ao longo do bienio 2019-2020.
Podes consultar as bolsas e axudas que actualmente están en prazo de solicitude desde aquí.
Se tes algunha dúbida, ou necesitas máis información sobre algunha convocatoria, pódeste poñer en contacto connosco no:
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
R/ Río Monelos, s/n
15006 A Coruña
Tel.: 981 184 294
Fax: 981 184 295
Correo electrónico: cmix@coruna.es
Dende o 01/03/2021 ata o 20/03/2021
Os días 27/02/2021 ás 08:30 , 13/03/2021 ás 08:30
Dende o 08/02/2021 ata o 12/02/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible