Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Guía Ti Elixes!

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Cartel

Con motivo da realización das XXVII Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, a Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña publica a edición 2019 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas Xornadas, que non é outro, que informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.

A Guía Ti Elixes! 2019 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.

A recopilación da información foi realizada polo Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.

Esperamos que sexa de utilidade.

Descarga a Guía Ti elixes 2019

Máis información: 

Centro Municipal de Información Xuvenil 

R/ Río de Monelos s/n

Tlf.: 981 184 294 

cmix@coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión