Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Traballo no estranxeiro

Consellos previos

Se tomaches a decisión de traballar no estranxeiro, é recomendable que teñas en conta os seguintes consellos:

  • Documentación que che fará falta:
    • DNI e/ou pasaporte
    • Asistencia sanitaria
    • Tarxeta sanitaria Europea que acredita o dereito para recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, desde un punto de vista médico, durante a túa estancia temporal por motivos de traballo, estudos, turismo, no territorio da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo e en Suíza.
    • Se o país non pertence a Europa, tes que consultar se será necesario contratar un seguro privado.
    • Carné de conducir. O permiso de condución é válido na UE, pero pode non selo noutros países nos que necesitarás homologalo. Tamén podes solicitar o permiso internacional de condución
    • Certificado de nacemento e libro de familia.
    • Fotografías de tamaño carné para os primeiros trámites.
    • Homologación ou recoñecemento do teu título ou certificado de profesionalidade, do que che falamos na seguinte sección.
  • Vacinas. Consulta na páxina web do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xa que nalgúns casos será necesario que te vacines contra determinadas enfermidades.
  • Se estás a cobrar unha prestación ou subsidio por desemprego, debes comunicalo na túa oficina do Servizo Público de Emprego, xa que as condicións da prestación variarán segundo o motivo e a duración do teu traslado. Tes máis información premendo aquí.
  • Unha vez que chegases ao país de destino, débeste inscribir no Rexistro de Matrícula Consular no Consulado ou na Embaixada Española do país.

Validez de títulos e certificados de formación: rede ENIC - NARIC e suplemento ao título / certificado de profesionalidade

REDE ENIC- NARIC

Un dos primeiros trámites que debes realizar antes de te ires traballar ao estranxeiro é comprobar a validez do teu título formativo no país de destino e a súa necesidade de acreditación para poder exercer unha profesión.

Para facilitarche esta tarefa creouse a Rede ENIC - NARIC da que forman parte a UE, o EEE e Suíza (NARIC) e os países membros do Consello de Europa e a UNESCO (ENIC). A súa principal función é proporcionar información (non levan a xestión) sobre os diferentes procesos de recoñecemento académico (homologación), validación parcial de estudos e recoñecemento profesional.

A información proporciónase a través da súa web: www.enic-naric.net e da rede de correspondentes en cada país, que estará vinculada directa ou indirectamente aos correspondentes ministerios de Educación. En España:

NARIC España

Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Subdirección Xeral de Títulos

Paseo de la Castellana, 162. Planta 17

28046 Madrid

Tel.: 00 34 91 506 55 93

Fax: 00 34 91 506 57 06

naric@mecd.es

https://bit.ly/2XD1r9r

Como e onde podo obter o recoñecemento?

Existen dous tipos de recoñecemento:

  • RECOÑECEMENTO DE TIPO ACADÉMICO, para poder continuar os teus estudos noutro país ou cando non existe posibilidade de solicitar un recoñecemento de tipo profesional, é dicir, a profesión non está regulada no país de acollida ou a/o solicitante ou a súa cualificación son dun país de fóra da UE, EEE ou Suíza. A este proceso chámaselle HOMOLOGACIÓN.

    Para solicitar a homologación noutros países, deberás poñerte en contacto con:

    • Centros ENIC - NARIC
    • Representación diplomáticas

Medidas compensatorias. No caso de que a formación e coñecementos adquiridos pola persoa interesada presenten diferenzas substanciais respecto do esixido para o exercicio profesional solicitado, terá que optar entre a realización dun período de prácticas profesional ou dunha proba de aptitude, que deberá superarse con carácter previo ao recoñecemento do título.

SUPLEMENTO AO TÍTULO

O suplemento ao título é un complemento do Pasaporte Europeo de Competencias, do que che falamos noutra sección (LIGAZÓN). É un documento que podes achegar ao título universitario, de FP ou certificado de profesionalidade que contén información sobre: aptitudes e competencias adquiridas, a gama de empregos accesible, os organismos de expedición e acreditación, as distintas maneiras de obter o título ou o certificado, o nivel do título ou certificado e os requisitos de admisión e as posibilidades de acceso ao seguinte nivel de formación. Trátase dun complemento á información incluída no certificado oficial, que facilita a súa comprensión a terceiras persoas, en particular, a empregadores ou institucións doutro país, pero en ningún caso é un substituto do título ou certificado oficial ou un mecanismo que garanta automaticamente o recoñecemento formal do título ou certificado orixinal por parte das autoridades académicas.

Hai dous tipos:

Onde podo obter o Suplemento Europass ao Certificado de Profesionalidade?

Consulta o catálogo de suplementos ao Certificado de Profesionalidade.

Que pasa se non atopo o suplemento que busco?

Débeste poñer en contacto con:

Punto Nacional de Referencia. R/ Os Madrazo 15-17 - Madrid. Tel. +34 917018000 / 917018435 Fax +34 917018633 Correo: dg.forprofesional@educacion.es

  • SUPLEMENTO AO TÍTULO SUPERIOR: para título universitario ou ao título de técnico superior de Formación Profesional.

Onde podo obter o suplemento ao título superior?

O suplemento expídeo o centro de ensino superior que acreditou o título orixinal.

Como podo buscar traballo no estranxeiro?

  • Se queres traballar en Europa podes utilizar o portal da REDE EURES. Esta iniciativa da UE ten a función de proporcionar información sobre as ofertas e demandas de emprego nos países da UE e do EEE, así como sobre as condicións de vida e de traballo nos devanditos países: ec.europa.eu/eures
  • Utilizar portais e webs de emprego.
  • Hai axencias especializadas en xestionarche a procura de traballo no estranxeiro e que che cobrarán por este servizo. En contidos relacionados tedes unha listaxe delas.
  • Outra opción é buscar traballo en Organismos internacionais.

Au-Pair

Au-Pair es una forma de trabajo en el extranjero que se realiza conviviendo con una familia. A cambio del cuidado de los niños, se ofrece alojamiento, manutención, y una pequeña remuneración cuya cuantía dependerá de cada país. El desplazamiento hasta el lugar de destino corre por cuenta de la Au-Pair.

Los requisitos del trabajo de Au-Pair pueden variar en función del país elegido, pero de forma general, son las siguientes:

  • Edad entre 18 y 30 años. Por ejemplo, en Gran Bretaña, la edad máxima es de 27 años.
  • Conocimiento mínimo del idioma del país de destino.
  • Se valora el tener permiso de conducir.
  • Normalmente, las familias suelen preferir chicas, aunque algunos países también aceptan chicos.

La estancia Au-Pair suele durar entre 6 meses y un año, y la jornada laboral será, como máximo de 5 horas diarias. El resto del tiempo, la familia tiene que reconocerte el derecho de tu tiempo libre para asistir a clases de idioma o a otras actividades. Normalmente, tendrás derecho a un día libre, como mínimo, a la semana y a un domingo al mes.

La colocación de Au Pair no está contemplada como un contrato sino como una actividad intercultural.

¿Debo hacer un contrato de servicio?

Hay algunos países en los que es obligatorio firmar un contrato, pero no en todos. Lo aconsejable es que se firme siempre. En otros contenidos relacionados tienes el modelo oficial de la UE .

Si eres de fuera de la UE, además será necesario disponer de una carta de invitación.

¿Cómo busco trabajo de au pair?

Lo habitual es hacerlo a través de agencias intermediarias que cobrarán por la gestión. Documento: listado agencias

NORMATIVA

El régimen au pair está regulado por un acuerdo del Consejo de Europa de 24 de noviembre de 1969. España se incorpora al acuerdo el 24 de junio de 1988 (BOE núm. 214 de 6 de septiembre de 1988).

Más tarde, se aprobó la Resolución de 15/6/89 del Ministerio de Asuntos Exteriores (BOE núm.152 de 27 de junio de 1989) referente al trabajo au pair

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión