Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na estratexia de Emprendemento de Mozos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A Recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece que poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras finalizar os seus estudos ou quedar despedidos.
Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil é necesario acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse. Podes facelo das seguintes maneiras:
Despois de recibir o teu usuario e contrasinal, recibirás por correo electrónico a comunicación do teu código de activación que deberás introducir no enlace Activar usuario situado na páxina de acceso ao sistema para obter o seu contrasinal.
Outras formas de acceso
Aquelas persoas que están en risco de exclusión social que conten co certificado que o acredite e/ou discapacidade recoñecida, poderanse inscribir mediante a presentación do formulario adxunto nas oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado e das comunidades autónomas e das entidades sen necesidade de facelo telematicamente.
Unha vez que che deches de alta no sistema poderás recibir ofertas do catálogo de actuacións que se recollen no Plan de Implantación da Garantía Xuvenil e/ou na Estratexia de Emprendimiento e Emprego Novo a través da súa Comunidade Autónoma, a Administración Xeral do Estado, as entidades que colaboran na xestión do Fondo Social Europeo ou das empresas que desexen aplicarse algún dos incentivos previstos na normativa vixente para a contratación de mozas.
Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña
R/ Alameda, 30-32, 1º, 15003 - A Coruña
Tel.: 981 216 072
www.empleoygarantiajuvenil.es/
Programa PICE (Programa de Cualificación e Emprego)
(con cita previa)
Contido:
Cruz Vermella
Cruz Vermella Española na Coruña
R/ Cruz Vermella Española, 1, 15002 - A Coruña
Tel.: 981 221 000
Programa para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil
Contido:
Fundación Paideia
Praza de María Pita, 17, 15001 - A Coruña
Tel.: 981 817 000
www.paideia.es/talleres-socio-ocupacionais/
Talleres socio-ocupacionais
Formación para o emprego dunha duración de 100 horas grupais e 10 horas de titorías individuais. Posibilidade de 50 contratos en empresas galegas durante 6 meses. Participación en programas de mobilidade transnacional: A Ida (prácticas formativas en Europa) e SVE (Servizo de Voluntariado Europeo).
Fundación Once
Cantón Grande, 3, 1º. 15003 - A Coruña
Tel.: 981 145 109
belen.almagro.fsc@fundaciononce.es
http://www.noterindasnunca.org - http://www.portalento.es
Programa "Non te rendas nunca"
Persoas destinatarias: persoas novas con discapacidade.
Contido: plan personalizado de emprego, que inclúe cursos de formación e accións de intermediación laboral coas empresas.
MÁIS INFORMACIÓN:
Garantía Xuvenil en Galicia
Teléfono: 881 99 57 00
Email: garantiaxuvenil@xunta.es
Web: garantiaxuvenil.xunta.es
Cámara de Comercio, Industria e Navegación (con cita previa)
R/ Alameda, 30-32, 1º
Tfno.:981 216 072
Email: empleo@camaracoruna.com
Web: www.camaracoruna.com
Sistema de Garantía Xuvenil
Teléfono: 060 (opción 3)
Email: garantiajuvenil@meyss.es
Web: www.empleo.gob.es
Dende o 01/03/2021 ata o 20/03/2021
Os días 27/02/2021 ás 08:30 , 13/03/2021 ás 08:30
Dende o 08/02/2021 ata o 12/02/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible