Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Emprendemento

Se o que queres é montar o teu propio negocio, estas son as cuestións que deberías ter en conta:

Define a idea

Deberá centrarse nun produto ou servizo de interese que cubra unha necesidade no mercado, que sexa rendible e que poidas implementar, é dicir, que teñas capacidade técnica para desenvolver a idea de negocio.

O plan de negocio

O plan de negocio ou plan de empresa servirache tanto para comprobar se a túa idea é ou non viable, como de guía para poñer en marcha e posteriormente administrar o teu negocio. Como norma xeral deberá conter a definición do negocio (os produtos ou servizos que se van ofrecer, a súa situación, nome..), un estudo de mercado (público ao que vai dirixido, competencia, márketing..), o proceso de produción ou prestación do servizo, organización de recursos humanos, investimento e financiamento, aspectos formais do negocio (forma xurídica, permisos e autorizacións, normativa que o regula..) e previsión de ingresos.

Máis info:

Financiamento

O financiamento é o diñeiro que necesitarás para poñer en marcha o teu negocio. Se non dispós del, estas son algunhas das opcións máis habituais:

Forma xurídica

Autónomo ou outra forma xurídica? A resposta dependerá de varios factores: o tipo de responsabilidade que se asume (se se expón ou non o teu patrimonio persoal), o número de persoas socias, capital social mínimo, perspectivas do negocio? Nas seguintes ligazóns tes información sobre todas as posibilidades entre as que elixir:

Máis info premendo aquí .

Posta en marcha

O último paso é a realización de toda a tramitación xurídica e administrativa: constitución da sociedade, se é o caso (notaria/o, rexistro mercantil), altas na Seguridade Social (autónomas/os, alta traballadoras/es) Facenda (IAE, IVE, retencións?), licenzas e autorizacións? Para facilitarche todo o papelame podes acudir a un dos Puntos de Atención ás persoas Emprendedoras (PAE) que che axudarán na tramitación de documentación e che proporcionarán asesoramento, formación e apoio ao financiamento.

Máis información sobre emprendemento:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión