Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Consiste en traballar baixo a contratación e directrices dunha persoa empresaria. Caracterízase polo seguinte:
TIPOS DE CONTRATO
Existen distintas modalidades de contratación, atendendo ás súas especiais características de duración, requisitos das partes contratantes etc., así como medidas de fomento do emprego. As máis habituais son:
É aquel que se concerta sen establecer límites de tempo na prestación dos servizos, en canto á duración do contrato.
É o que se concerta para a realización dunha obra ou prestación dun servizo, con autonomía e sustantividade propia dentro da actividade da empresa e cuxa execución, aínda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta.
O contrato para a formación e a aprendizaxe ten por obxecto a cualificación profesional do persoal traballador nun réxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa con actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.
Ten como finalidade facilitar a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados polas persoas traballadoras con título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos recoñecidos oficialmente como equivalentes ou de certificado de profesionalidade que habiliten para o exercicio profesional. Non poden transcorrer máis de cinco anos desde a terminación dos correspondentes estudos, ou de sete anos cando o contrato se concerte cun/ha traballador/a con discapacidade. En caso de primeiro emprego de mocidade menor de 30 anos, poderase realizar este tipo de contrato aínda que transcorresen 5 ou máis anos. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos.
Se queres coñecer outros tipos de prácticas preme aquí.
Para máis información sobre contratos laborais, consulta a Guía de contratos que publica todos os anos o SEPE.
23/04/2021
Dende o 03/03/2021 ata o 10/03/2021
15/04/2021
Presentación ás 9.00h.Dende o 18/02/2021 ata o 03/03/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible