Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Onde me informo sobre Europa?: Eurodesk, Europe Direct e o portal europeo da xuventude

Eurodesk

Eurodesk é un servizo de información, sobre programas e iniciativas europeas, dirixido non só ás persoas novas senón tamén ás que traballan no ámbito da mocidade.

Os postos de Eurodesk son chamados Multiplicadores Cualificados e son as oficinas locais repartidas por pobos e cidades de toda Europa que lle dan a coñecer á mocidade a información, tanto presencialmente como a través das ferramentas informáticas de Eurodesk.

Ademais, mensualmente edítase o Boletín Eurodesk que contén información actualizada sobre solicitudes de programas españois e europeos, así como noticias de educación, formación e mocidade.

Información mocidade

A través de Eurodesk obterás información dos países da UE directamente da Comisión Europea e outras axencias de similar grao sobre:

  • Aloxamento
  • Traballo
  • Educación, formación
  • Turismo e información práctica de cada un dos países participantes na rede
  • Viaxar por Europa
  • Intercambios entre xuventude
  • Procura de contactos ou de posibles socios para proxectos europeos
  • Todo o relacionado con programas e iniciativas europeas
  • Os teus dereitos

Información entidades

Os puntos Eurodesk proporcionan información e asesoramento para a creación, xestión, procura de socios e promoción de programas europeos.

Na Coruña o punto Eurodesk xestiónao:

ASOCIACIÓN CULTURAL INGALICA

R/ Manuel Azaña, 10, 2º
150011 - A Coruña
Tel.: 692372780
info@ingalicia.org
www.ingalicia.org

Se vives noutra cidade, busca o teu punto de información.

Europe direct

É un servizo de información e documentación europeo sobre vivir, traballar e viaxar na UE. Europe Direct ofréceche:

* Se che cobran a chamada podes solicitar o seu reembolso. Tamén podes solicitar que te chamen eles enviando unha mensaxe de texto.

  • Un servizo de información central ao que podes dirixirte por teléfono ou Internet:
    • Teléfono gratuíto* para resolver dúbidas sobre a U.E.: 00 800 6 7 8 9 10 11.
  • Servizos de información locais que ofrecen información adaptada ás necesidades en cada país da UE:

Oficina de información: Europe Direct A Coruña

Deputación da Coruña
R/ Alférez Provisional, nº 2, 15006 A Coruña
Tel.: 981 080 331
europedirect@dicoruna.es
www.dicoruna.es/ipe

Horario: 9 - 14 h (de luns a venres)

Centro de Documentación Europea da Universidade da Coruña

Facultade de Dereito Campus de Elviña, s/n 15071 - A Coruña
Tel.: 981 167 000 (ext. 1628)
Fax: 981 290 310
cde@udc.es
www.udc.es

Horario de atención:

  • 09.30 a 14.30 h (luns a venres)
  • 16.30 a 19.30 h (luns a xoves)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión