Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Proxectos de Voluntariado - Erasmus+

O Proxecto de Voluntariado apoia o traballo voluntario transnacional da mocidade. O seu obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea.

As persoas voluntarias, de entre 17 e 30 anos, desenvolven a actividade de voluntariado nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un período determinado en beneficio da comunidade. As actividades podar ser culturais, de deportes, de axuda social, de medio ambiente etc.

Ao final do teu período de servizo no Proxecto de Voluntariado expediráseche un certificado que confirmará a túa participación e describirá o teu proxecto: o "Youthpass".

Como funciona?

Un Proxecto de Voluntariado é unha asociación entre dúas ou máis organizacións promotoras que son quen se encarga de seleccionar persoas voluntarias para o seu proxecto.

As/os voluntarias/os participan no Proxecto de Voluntariado a través dunha organización de envío no país onde viven e unha organización de acollida que os recibe e alberga durante a misión.

Canto dura?

Os proxectos duran entre 2 e 12 meses.

Recibirei algunha axuda?

Recibirás aloxamento e alimentación gratuítos, un seguro e diñeiro de peto. É posible que teñas que aboar unha pequena contribución aos gastos de viaxe.

Como o solicito?

Na Coruña están acreditados:

  • Asociación Cultural Ingalicia

Rúa Manuel Azaña, 10, 2. 15001 A Coruña. Tfno: +34 692 372 780 info@ingalicia.org www.ingalicia.org

  • Asociación Cultural Integra

Rúa Adelaida Muro, 1B, baixo A. 15002 A Coruña. Tfno: +34 981 260 365 info@integracoruna.com www.integracoruna.com

  • Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17, 15001 A Coruña. Tfno: +34 981 223 927 voluntariadoeuropeo@paideia.es www.paideia.es

  • Liga Reumatolóxica Galega

Rúa Venela s/n. Centro social "A Silva", Travesía Orillamar, 7, 15002 A Coruña. Tfno.: +34 981 236 586 info@ligagalega.org www.ligareumatoloxicagalega.es

  • Tesouros de Galicia

adm@tesourosdegalicia.com www.tesourosdegalicia.com

Info-kit Proxecto de Voluntariado

Documento elaborado pola Comisión Europea que ten por obxectivo servirlles de apoio ás persoas voluntarias e ás súas organizacións de envío na preparación antes da saída.

Consulta toda o relacionado co kit informativo.

MÁIS INFO

Non perdas

Non perdas

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • WhatsApp: 606 36 23 66
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión