Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A documentación
Á hora de viaxar é imprescindible ter os papeis en regra (un documento caducado non é válido). A documentación persoal é necesaria para coller un avión, rexistrarse nun aloxamento ou recibir asistencia sanitaria, así que comproba con tempo que todo está vixente. Ademais, outros documentos ou carnés poden ser de utilidade nos teus desprazamentos. Ler máis.
O aloxamento
O aloxamento é un compoñente importante da viaxe (sobre todo do orzamento), pero hai opcións para todos os gustos e petos. Desde o cámping ao albergue, pasando por novas fórmulas de aloxamento compartido como o couchsurfing. Ler máis.
As viaxes máis novas
Neste apartado queremos achegar algunhas suxestións que poden ser de interese para os viaxeiros máis novos; un percorrido por Europa con Interrail, unha camiñada por algún dos Camiños de Santiago, ou participar nun proxecto voluntario a través dun Campo de Traballo. Ler máis.
As tecnoloxías e as viaxes
O universo de Internet, das aplicacións móbiles e dos blogues brindan infinidade de posibilidades aos que senten paixón por viaxar e non queren renunciar a iso aínda que teñan un orzamento reducido ou non teñan con quen facelo. Propoñémosvos algunhas opcións para atopar compañeiros de viaxe ou alternativas para coñecer sitios e persoas aforrando o máis posible. Ler máis.
Os días 27/02/2021 ás 08:30 , 13/03/2021 ás 08:30
Dende o 08/02/2021 ata o 12/02/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible