Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Sexualidade e reprodución

A sexualidade é unha desas cousas que todo o mundo sabe o que é, pero que non é fácil definir: vivímola, sentímola, experimentámola e sabemos que afecta ás nosas relacións cos demais. Con todo, talvez por este coñecemento intuitivo que temos dela, a sexualidade tamén xera unha chea de dúbidas ou de confusións. Ademais, a sexualidade é ambigua, porque para cada persoa significa cousas diferentes.

Non confundas sexo e sexualidade

Sexo e sexualidade

SEXO é o que nos distingue como home ou muller, en función de certas diferenzas nos caracteres celulares, morfolóxicos, fisiolóxicos e psicolóxicos.

A SEXUALIDADE é un concepto distinto, máis rico, que non se reduce aos órganos xenitais. É unha dimensión humana que representa todo o noso ser. Todo o noso corpo é sexuado; isto implica que podemos obter pracer a través de calquera das súas partes, dende a pel ata os propios xenitais.

A sexualidade é

A sexualidade pode ser
  • Unha fonte de comunicación e pracer.
  • Unha forma de expresar a afectividade.
  • Unha maneira de descubrirse a si mesmo e ao outro.
  • A satisfacción do desexo e do impulso sexual.

A sexualidade pode ser

Unha actividade reprodutora cando libre e responsablemente se desexe asumir.

Porque sexualidade e reprodución non son o mesmo, nin teñen necesariamente que ir ligadas, O OBXECTO DA PLANIFICACIÓN FAMILIAR É:

  • Poder gozar da sexualidade na súa riqueza e amplitude, desligando a actividade sexual da reprodutora.
  • Poder decidir o momento de ter un fillo.

A sexualidade, en definitiva, é un concepto sempre aberto e, en gran medida, moi persoal: a idea que cada persoa ten da sexualidade depende do seu carácter, da súa situación afectiva e social, da educación que recibiu, do seu modo de pensar, sentir e relacionarse cos demais. Por iso é polo que, aínda que temos sexualidade desde que nacemos, a forma de entendela e manifestala constitúe un proceso de aprendizaxe, condicionado pola educación sexual e as vivencias persoais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión