Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Inicio
  • Medidas de protección no ámbito do alugueiro. COVID-19

Medidas de protección no ámbito do alugueiro. COVID-19

Dous nenos debuxando un arco da vella nunha ventá

BIBLIOTECA NORMATIVA COVID 19

Contacto: 

Servizo de Orientación Legal do CMIX

Correo electrónico: cmix@coruna.es

Que pasa se o meu contrato vence agora? Prórroga extraordinaria dos contratos de alugueiro de vivenda habitual (art. 3)

Se o teu contrato termina no período comprendido entre o 2 de abril e o 30 de setembro, poderás solicitar unha prórroga do contrato de 6 meses, durante as cales se manterán todas as condicións do contrato, é dicir, non che poderán subir o alugueiro. Pero lembra que tes que pedirllo explicitamente á persoa arrendadora.

Que pasa se non podo ou me custa pagar o alugueiro? Moratoria de débeda arrendaticia (art. 3 e ss.)

Quen pode acceder a estas medidas?

Aquelas persoas que estean en situación de vulnerabilidade económica. Para iso terán que concorrer dous requisitos:

  • Que a persoa que estea obrigada a pagar a renda de alugueiro pase a estar en situación de desemprego, Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE), ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresaria/o, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos. Considérase que hai unha perda substancial de ingresos se no mes anterior o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar non superan o límite de tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples mensual (Iprem) ou, o que é o mesmo, 1.613,52 euros. Esta cantidade increméntase no caso de que haxa fillos a cargo, persoas con discapacidade ou familias monoparentais.
  • Que a renda do alugueiro, máis os gastos e subministracións básicas, resulte superior ou igual ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar. Por subministracións básicas enténdense: electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga, teléfono fixo e móbil, e contribucións á comunidade de propietarios.

Que medidas se adoptaron?

Medidas financeiras:

  • Poderás solicitar microcréditos a entidades de crédito por un importe de ata 6 meses de renda, sempre que o conxunto dos ingresos da unidade familiar no mes anterior á solicitude de axuda non alcance o límite de 5 veces o IPREM.

Axudas directas:

Axudas Comunidade Autónoma de Galicia: Programa de axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos arrendamentos de vivenda habitual

Moratoria na débeda arrendaticia

Se a persoa arrendadora é unha empresa ou entidade pública de vivenda ou un gran tenedor (entendendo por tal a persoa física ou xurídica que sea titular de máis de dez inmobles urbanos)

Tes de prazo ata o 30 de setembro para solicitar o aplazamento temporal e extraordinario no pago da renta, sempre que dito aplazamento ou a condonación total ou parcial da mesma non se houbera conseguido xa con carácter voluntario por acordo entre ambas partes.

Pódenme desafiuzar por falta de pago da renda?

Unha vez se levante a suspensión de todos os termos e prazos procesuais por mor do fin do estado de alarma, na tramitación do procedemento de desafiuzamento, no que o arrendatario demostra ante o Xulgado que se atopa nunha situación de vulnerabilidade social ou económica que resultou dos efectos da expansión de COVID-19, que lle imposibilita atopar unha alternativa de vivenda para o mesmo e para as persoas coas que vive, esta circunstancia será comunicada polo letrado da Administración de xustiza aos servizos sociais competentes e a suspensión extraordinaria do acto de lanzamento. Se non se indica, porque non transcorreu o prazo de dez días a que se refire o artigo 440.3 da LEC ou porque non se celebrou a audiencia, suspenderase dito prazo ou a celebración da vista ata que se adopten as medidas que os servizos sociais competentes o consideran oportuno, durante un período máximo de seis meses dende a entrada en vigor deste real decreto lei.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión