Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C

A Consellería de Política Social convoca axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil. Ante a declaración do estado de alarma suspende temporalmente o prazo de solicitude.

Inscricións:

Ata o 31/07/2020

Requisitos:

  • Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
  • Persoas empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Persoas inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (sede.xunta.gal Procedemento BS321A). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Remuneración / Dotación:

  • 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B.
  • 650 euros para o permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos. 

No momento en que se esgote o crédito orzamentario, a Consellería de Política Social publicarao no Diario Oficial de Galicia e na páxina web. A partir dese momento non se admitirán novas solicitudes.  

Páxina web:

http://xuventude.xunta.es/

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado 

Edificio de Traballo, 3º andar, San Lázaro. 15707 Santiago de Compostela

Tel.: 981 544 807

xuventude@xunta.es 

Servizo Xuventude: Rúa Salvador de Madariaga 9. Mercado de Elviña, 1º andar. A Coruña 

Tel. 881 881 238 / 881 881 236

Publicación: DOG 09/03/2020 

BOE 14/03/2020 Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no que se contempla a suspensión de termos e a interrupción de prazos para a tramitación dos procedementos administrativos.

BOE 23/05/2020 Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo: Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos que foran suspendidos reiniciaranse, se así fora previsto nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.

É obriga da persoa beneficiaria obter o permiso de condución para o cal se solicitou a axuda entre o 1.1.2020 e o 15.10.2020. A xustificación da axuda presentarase con data límite do 20 de outubro de 2020.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión