Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Campamentos de verán 2020 para a xuventude

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá organiza, un ano máis, os campamentos municipais de verán da área de Mocidade dirixidos a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos.

Cando:

Dende o 06/07/2020 ata o 31/07/2020

*O campamento realizarase de luns a venres.*Os días festivos, sábados e domingos, non haberá campamento.

Inscricións:

Dende o 27/05/2020 ás 10:00 h. ata o 29/05/2020 ás 20:00 h. 

Horario:

Enderezo:

Polideportivo Municipal de Labañou. Estrada de los Fuertes 3. 15011 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2003 e 2008), organizados en grupos de idade, empadroados na cidade da Coruña.
  • Nº de prazas: 100 (50 en cada quenda)
  • Asignarase un número a cada solicitude de praza atendendo á orde de entrada dos formularios de solicitude.
  • Publicación das listas provisionais: 30 de maio de 2020.
  • Sorteo: 3 de xuño de 2020. Realizarase o sorteo para establecer a orde da adxudicación de prazas.
  • Publicación das listas con praza adxudicada: 9 de xuño de 2020.
    • Só será adxudicado un turno de campamento por persoa.
    • Habilitarase unha listaxe de agarda en cada un dos turnos para cubrir aquelas prazas que non teñan a inscrición formalizada ou renuncien á mesma.
  • Do 10 ao 12 de xuño 2020: confirmación de praza: as persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviando un correo electrónico a xuventude@coruna.es No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 13 de xuño a praza será adxudicada á seguinte persoa da listaxe de agarda.
  • É preciso un mínimo de 30 participantes por quenda. No caso contrario, o Concello reservase a opción de anular a oferta do turno que non acade o mínimo.

Contacto:

Documentos:

Folleto Campamentos de Verán 2020 (pdf) (139 KB)

Dinámica sorteo de adxudicación de prazas Campamentos de Verán 2020 (pdf) (242 KB)

Tipoloxía de actividades

  • Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, kaiak, paddle surf, tiro con arco, propostas de deporte alternativo como kinball, floorball e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo, etc...
  • Lúdico recreativas: Xogos de rastrexo e de pistas, orientación, xeocatching, obradoiros creativos, xogos de cooperación, etc...
  • Medioambientais: Senderismo pola contorna medioambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de refugallo, etc..

Transporte

Habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con 6 paradas establecidas pola organización.

Reunión coas familias

Finalizado o proceso de inscrición enviarase un correo electrónico ás persoas que obteñan praza para a realización dunha reunión informativa.

INFORMACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DO COVID-19

O Concello da Coruña seguirá en todo momentos as directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, e outras autoridades competentes en materia sanitaria, en relación a celebración de actividades de ocio educativo xuvenil nas diferentes fases de desescalada e volta á normalidade, en función da evolución xeral e territorial do CoVID-19.

Para este fin implementará, en todas as actividades de ocio xuvenil, estratexias e protocolos de actuación así como condicións de participación nas actividades.

  1. PROTOCOLO DE ADECUACIÓN DAS ACTIVIDADES E INTALACIÓNS A EMPREGAR EN ACTIVIDADES DE OCIO EDUCATIVO XUVENIL CON MOTIVO DO COVID-19 Co obxectivo de preservar a saúde e seguridade das persoas usuarias e traballadores/as no ámbito da educación non formal, establécerase un protocolo de actuación con medidas xerais e especificas a situacións concretas. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias
  2. PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN EN CASO DE RISCO DE CONTAXIO OU DE CONTAXIO POSITIVO EN COVID-19. O campamento contemplará e avaliará o risco para cada tipo de situación que poida darse, a través dun protocolo de prevención e actuación ante COVID-19, coas consideracións a ter en conta en caso de risco de contaxio ou de contaxio positivo. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias
  3. DOCUMENTO DE ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN, OBLIGACIÓN DE INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO INFORMADO.

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal, a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.

INFORMACIÓN RELATIVA A REALIZACIÓN DO CAMPAMENTO Á SITUACIÓN DO COVID-19

A realización do campamento urbano xuvenil do Concello da Coruña queda supeditada á evolución da crise sanitaria provocada polo Covid-19. No caso de emitir as autoridades sanitarias competentes información contraria a súa realización, este quedaría supendido.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión