Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon en marcha o procedemento para a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Inscricións:

Ata o 19/06/2020

Requisitos:

  • Alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos. 
  • Participación no fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO). 
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE). 
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2020/21 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Remuneración / Dotación:

  • A asignación de libros de texto dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. 
  • Contía das axudas para adquirir libros de texto:
    • Alumnado de 1º e 2º de EP: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.
    • Alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: 275 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
    • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
    • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €. Alumnado de ESO: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
  • Contía da axuda para adquirir material escolar: alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Páxina web:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Contacto:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xefatura Territorial

Edificio Administrativo de Monelos. Rúa Vicente Ferrer, 2, 7ª andar. 15008 A Coruña.

Tel. 981 18 47 01

Publicación:

DOG 19/05/2020 

DOG 22/05/2020 (corrección de erros)

Modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria;
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión