Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Medidas de protección no ámbito do alugueiro COVID-19: préstamos avalados

As axudas consistirán en préstamos para facer fronte ao alugueiro de vivenda habitual dos fogares que estean en situacións de vulnerabilidade social e económica como consecuencia da expansión da COVID-19. Serán concedidos por entidades de crédito que contarán con total cobertura mediante aval do Estado e non devindicarán ningún tipo de gastos e xuros para a persoa solicitante.

Cando:

As seis mensualidades financiables poderán ser desde o 1 de abril de 2020 e non poderán ser posteriores a 6 meses que se contarán desde a sinatura do préstamo entre a entidade bancaria.

Inscricións:

Deberán ser solicitados polo arrendatario antes do 30 de setembro de 2020 e deberán formalizarse antes do 31 de outubro de 2020. A proposta da comisión de seguimento prevista no convenio entre o MITMA e o ICO, mediante unha orde ministerial, estes prazos poderán prorrogarse ata o 30 de novembro e o 31 de decembro de 2020, respectivamente.

Requisitos:

Persoas beneficiarias: arrendatarias de vivenda habitual, residentes en España, que se encontren en situación de vulnerabilidade económica como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 sempre que reúnan de forma conxunta os seguintes requisitos:

  • Que a persoa arrendataria ou algún dos membros da unidade familiar estea afectada por unha circunstancia que implique unha redución de ingresos, por pasar a estar en situación de desemprego, por estar afectada por un Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE), por ter reducido a súa xornada por motivo de coidados, por cesamento de actividade das/os traballadoras/es por conta propia ou por outras circunstancias sobrevidas vinculadas á actividade laboral ou empresarial que impliquen a dita redución de ingresos como consecuencia da expansión da COVID-19.
  • Que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude da axuda, non alcance o límite de cinco veces o IPREM (2.689,20 €)
  • Que a renda arrendaticia máis os gastos e subministracións básicos resulte superior ou igual ao 35 por cento dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar. Para estes efectos, entenderase por «gastos e subministracións básicos» o importe do custo das subministracións de electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga corrente, dos servizos de telecomunicación fixa e móbil, e as posibles contribucións á comunidade de propietarios, todos eles da vivenda habitual que lle corresponda satisfacer á persoa arrendataria, referidos ao período dun mes.
  • Non será esixible acharse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou coa Seguridade Social nin do pago de obrigas por reintegro doutras subvencións.
  • Non prodrán ser beneficiarias as persoas que sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en España (consultar excepcións).

Remuneración / Dotación:

Condicións dos préstamos:

  • Formalizaranse mediante un contrato de préstamo entre a entidade de crédito e a persoa arrendataria.
  • A contía do préstamo poderá alcanzar ata o 100% do importe de seis mensualidades, cun máximo de 5.400 euros, a razón dun máximo de 900 euros por mensualidade.
  • As seis mensualidades financiables poderán ser desde o 1 de abril de 2020 e non poderán ser posteriores a 6 meses que se contarán desde a sinatura do préstamo entre a entidade bancaria e a persoa arrendataria nin posteriores á fin de vixencia do contrato de arrendamento ou as súas prórrogas.
  • O prazo de amortización inicial poderá ser de ata 6 anos e poderá pactarse un período de carencia de principal de seis meses.
  • Serán finalistas e deberán dedicarse exclusivamente ao pago da renda do arrendamento da vivenda habitual.
  • Serán compatibles con calquera das axudas ao alugueiro reguladas no Plan estatal de vivenda 2018-2021 e, especificamente, coas do programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual; sen prexuízo de que estas últimas se teñan que destinar, se é o caso, á amortización do préstamo.

Pago das axudas ás persoas arrendadoras.

  • A entidade de crédito aboaralle o importe do préstamo directamente á persoa ou entidade arrendadora da vivenda, logo da comunicación previa, para a súa toma de razón, á persoa titular do préstamo.

Organizador:

Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Instituto de Crédito Oficial

Contacto:

  • As persoas solicitantes deberanse dirixir ás entidades de crédito coas que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Instituto de Crédito Oficial asine convenios de colaboración.
  • Convocatoria: BOE 01/05/2020.
  • Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19: BOE 01/04/2020

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión