Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

Procedementos de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, así como procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/2021.

Inscricións:

Dende o 16/05/2020 ata o 29/05/2020

Prezo:

Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias serán os establecidos na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais.

Requisitos:

  • Requisitos para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais:
    • Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
    • Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2020. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
    • Respecto daquelas familias que xa escolarizaran un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul, estar ao corrente no pagamento das cotas polos servizos recibidos. 
  • Requisitos para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:
    • Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.
    • Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2020. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
    • Respecto daquelas familias que xa escolarizaran outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.  
  • Poderán obter unha praza do servizo de educación infantil 0-3 anos nas escolas infantís de titularidade privada
    • Os nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza do servizo de educación infantil en escolas 0-3 privadas durante o curso 2019/20 para a renovación de praza, sempre que non teñan cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2020.
    • Os nenos e as nenas de novo ingreso cun irmán/á que renove unha praza deste servizo do curso 2019/20 para o curso 2020/21.
    • Os nenos e as nenas solicitantes de praza de novo ingreso para o curso 2020/21 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou na escola infantil municipal de Monforte de Lemos, que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles e que nas solicitudes das correspondentes convocatorias marcasen a opción de candidato/a a unha praza deste servizo de educación infantil en escolas 0-3 privadas.

Páxina web:

https://politicasocial.xunta.gal

Contacto:

Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña

CC Elviña, 1ª planta. Rúa Salvador de Madariaga, 9. 15008- A Coruña

Tel.:981 185 755. administrativos.familia.coruna@xunta.gal Tel. Inf. Xunta:012. 012@xunta.es

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Escolas Infantís do Consorcio Galego

Edificio Admvo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 996 477 

  • Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, curso 2020/21:
  • Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, curso 2020/21:
  • Procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil en escolas infantís 0-3 de titularidade privada, curso 2020/21:

Relación de escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais na Coruña: 

EI As Mariñas Orillamar, 37 15002 A Coruña De 8.00 a 17.00 h.
EI O Ventorrillo Mosteiro de Caaveiro, 44 15010 A Coruña De 8.00 a 17.00 h.
EI Santa María de Oza Xasmíns-Veciñal, 5 15008 A Coruña De 8.00 a 17.00 h. 
EI Elviña Av. Pablo Picasso, 7 15008 A Coruña De 8.00 a 17.00 h.

O curso escolar dará comezo o día 4 de setembro de 2020. Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral. As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades de servizo: a) Atención educativa con comedor. b) Atención educativa sen comedor. 

Relación de escolas infantís 0-3 xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na Coruña:  

A Sardiñeira Avda. da Sardiñeira, nº 40, 15008 A Coruña 881 065 534 7.30-20.00
Monte Alto Rolda de Monte Alto, polígono G2.01, 15002 A Coruña 981 108 184 7.30-18.00
Parque Eirís Rúa Javier López López, nº 12, parque Eirís, 15009 A Coruña 981 100 576 7.30-18.00 

O curso escolar dará comezo o día 4 de setembro de 2020. Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario labora. Con carácter xeral, as escolas permanecerán pechadas no mes de agosto.  As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades de servizo: a) Atención educativa con comedor. b) Atención educativa sen comedor. 

Relación de escolas infantís con prazas do servizo de educación infantil 0-3 en escolas de titularidade privada na Coruña:

EI Dana Pozo

Dana Coruña, S.L

Pozo, 11 baixo. 15005 A Coruña

0-1 anos: 2 prazas

1-2 anos: 6 prazas

2-3 anos: 6 prazas

PROGRAMA BONO CONCILIA. As persoas solicitantes que non obteñan praza pública poderán optar ao Bono concilia da Consellería de Política Social, que consiste nunha axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos. Deberase cubrir a epígrafe correspondente e presentar a documentación requirida.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión