Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2021/2022

Proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/03/2021 ata o 22/03/2021

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2-7º andar. 15008- A Coruña

tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778

e-correo: mdb@edu.xunta.es

CALENDARIO 

  • do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro: reserva de praza.
  • antes do 1 de marzo: data do sorteo público a efectos de desempate
  • antes do 1 de marzo: publicación de prazas vacantes nos centros docentes.
  • do 1 ao 22 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
    • A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en 1º lugar co formulario normalizado (ED550B) que será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na web da Consellería (www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación "admisionalumnado
    • Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia. 
  • do 25 de marzo ao 9 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (únicamente nos centros nos que exista máis demanda que oferta de prazas)
  • antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
  • prazo de reclamación: 5 días hábiles contados a partir da publicación la listaxe provisional
  • antes do 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos
  • do 20 ao 30 de xuño: Formalización da matrícula  no centro asignado en Educación Infantil e Primaria
  • do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO E BACHARELATO.

O mapa das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña para centros de educación Infantil e Primaria (segundo as instrucións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade) pode ser consultado nos centros docentes da cidade, nos rexistros de María Pita, Fórum, Mesoiro e Ágora, nas Bibliotecas Municipais, no Centro Municipal de Información Xuvenil e na web www.coruna.gal/educacion (consulta o resumo do proceso de admisión de alumnado de centros de Infantil e Primaria no curso 2021/2022 elaborado polo Concello da Coruña)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión