Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

A Cidade

A sala Plataforma14 acolle a exposición "A Cidade".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/05/2017 ata o 24/06/2017

Xa rematou

Horario:

  • De luns a venres de 9:00 a 21:00 h.
  • Sábados de 9.00 a 14:00 e de 17:00 a 21.00 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde.

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Organiza:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Contacto:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da CoruñaFórum MetropolitanoR/ Río Monelos, 115006 - A CoruñaTfno: 981 184 294cmix@coruna.es 

Esta exposición colectiva reúne unha serie de traballos destacados elaborados polo alumnado das especialidades de deseño gráfico, deseño de interiores, ilustración, fotografía, escultura, dourado e policromía e cerámica da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.

A cidade é o elemento común sobre o que xira a temática das obras presentadas neste proxecto no que participan máis de 40 artistas, e ofrécense distintas visións desta realidade: as tribus urbanas imaxinadas, portadas de discos, a protesta do rap, a contaminación visual, os cafés onde se mestura o público e o privado, a soidade, o control etc.

A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión