Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Mans

A sala de exposicións Plataforma14 acolle “Mans”, última reportaxe fotográfica da artista Sara Garabatos Díaz, alumna do CIFP Imaxe e Son: mostra composta por 14 fotografías de 45x35 cm realizadas a finais do ano 2017 e principios do 2018, partindo da inquietude de observar as mans do entorno da fotógrafa sabendo a que se dedicaban.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/03/2018 ata o 13/04/2018

Xa rematou

Horario:

de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es 

"Mans" trata de facer ver as marcas ou características que deixa certo tipo de traballo (manual/artesán) nas mans de traballadores e traballadoras, por ese motivo as fotografías móstranse en parellas: a da esquerda coas mans realizando o traballo que usualmente fan, e as da dereita no seu pasatempo

As fotografías están organizadas seguindo unha orde cronolóxica, de menos tempo de traballo realizado a máis.

A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión