“Mi metamorfosis" é a primera exposición individual da artista coruñesa Irene Parga Todoroff na que se recolle toda a obra da artista desde os seus inicios, e onde se pode ver a súa evolución obtida a base da experiencia e aprendizaxe.
Para público en xeral
Dende o 04/07/2017 ata o 31/07/2017
A exposición inaugurarase o 4 de xullo ás 19:30 horas e poderase ver ata o día 31 de xullo.Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde.
Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 115006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
A exposición está dividida en diferentes bloques, sendo o máis importante "A Coruña, cidade de guerreiros e soñadores" na que se recollen unha serie de cadros ao oleo e fotografías sobre esta cidade. Os bloques restantes varían desde retratos ao grafito, cadros abstractos, cadros figurativos e un apartado onde se mostra o proceso de creación de murais exteriores.
"Mi metamorfosis" o reflexo do cambio, é a exploración e practica de diferentes estilos co fin de aprender novas técnicas e familiarizarse con estas formas de arte.
A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.
Ata o 08/05/2024
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible