Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Xente Nova

A Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova, no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia, para o ano 2020, ao tempo que aproba a ampliación do seu uso á poboación moza entre os 4 e os 20 anos (ambos incluídos) e a expansión de maneira progresiva ao conxunto do territorio da Comunidade Autónoma

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/12/2020

Requisitos:

  • Persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral por estrada con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos de idade, inclusive
  • Tramitación: solicitar cita (a través da aplicación https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn) nunha oficina Abanca e, unha vez alí, presentar o DNI. Para os menores de idade, deberá solicitala a/o representante legal que, xunto cos DNIs, terá que levar o libro de familia ou documentos equivalentes

Remuneración / Dotación:

A tarifa Xente Nova supón o reintegro do 100 % do importe das viaxes metropolitanas interurbanas, até un máximo de 60 viaxes mensuais. 

Páxina web:

www.bus.gal/gl

Contacto:

Consellería de Infraestructuras e Mobilidade

correo-e: tmg@xunta.gal

Tel. de información da Xunta de Galicia: 988 687 800

Publicación:

DOG do 26 de agosto de 2016 (Regulación da tarifa)

DOG do 27 de decembro de 2017 (Ampliación prazo de vixencia da tarifa)

DOG do 14 de decembro de 2018 (Ampliación prazo de vixencia da tarifa)

DOG do 31 de decembro de 2019 (Ampliación do prazo de vixencia da tarifa, do requisito de idade e o ámbito territorial de aplicación)

DOG do 12 de xuño de 2020 (Acordo polo que se establece a primeira expansión territorial da tarxeta Xente Nova)

Coa Tarxeta Xente Nova saen gratis as viaxes interurbanas no transporte público autonómico de calquera das cinco Áreas de Transporte Metropolitano (A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo), e agora tamén na área de Pontevedra e na provincia de Ourense. Tamén poderás viaxar gratuitamente nos barcos dos servizos Cangas - Vigo e Moaña - Vigo, así como no tren metropolitano en Ferrol. As viaxes son bonificables entre os concellos de cada unha das áreas, pero non entre concellos de áreas diferentes.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión