Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • IV Concurso de Micorrelatos Biblioteca José Vargas

    Inscricións:

    Ata o 21/04/2024

    Co fin de promocionar o desenvolvemento da escritura en torno ao DíaInternacional do Libro, a biblioteca José Vargas de Abarán (Murcia) coa colaboración da Asociación Cultural AzáRock, convoca por cuarto ano consecutivo o concurso de microrrelatos.

  • A Educación Ambiental no Brasil: territorios de cooperación e incidencia nos acordos internacionais

    Cando:

    24/04/2024

    O CEIDA organiza a conferencia do profesor e ambientalista Marcos Sorrentino que terá lugar no nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora.

  • Generación 2025

    Inscricións:

    Ata o 22/04/2024

    12:00h.

    A Fundación Montemadrid abre unha nova edición da convocatoria Generación, unha consolidada iniciativa dedicada á arte emerxente que, desde o ano 2000, mostra anualmente unha selección de proxectos artísticos nos que traballan as e os novos artistas.

  • XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

    Inscricións:

    Ata o 16/05/2024

    O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados .

  • 3 bolsas de de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol

    Inscricións:

    Ata o 19/04/2024

    Bolsas de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol para estudantes da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña (UDC).

  • Semana Europea da Mocidade 2024

    Cando:

    Dende o 12/04/2024 ata o 19/04/2024

    A Semana Europea da Mocidade (SEJ/EYW) é unha campaña bienal da Comisión Europea cuxo obxectivo é promover a cidadanía activa entre os mozos, dar a coñecer as oportunidades que a UE lles ofrece como os programas Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidariedade, e escoitar as súas opinións sobre os temas que lles interesan.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión