Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de febreiro de 2020

A OMIC presenta un programa de charlas para persoas adultas sobre consumo responsable

A primeira será o 28 de febreiro, ás 11.30 horas, e abordará as novas tecnoloxías como unha vía para facer compras dunha maneira saudable

A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) ofrece un Programa de Charlas para persoas Adultas de formación en consumo responsable, que abordarán distintas cuestións como "As novas tecnoloxías na nosa compra" (28 de febreiro), "A banca electrónica" (20 marzo), "Ante as tecnoloxías, protéxete" (23 abril) e "O comercio electrónico" (20 maio).

Na primeira cita do día 28 deste mes, farase unha incursión no mundo das novas aplicacións móbiles que poden axudar a facer compras dunha maneira saudable. En "A banca electrónica" (20 marzo), as persoas asistentes aprenderán a manexar os temas financeiros a través dos programas e das aplicacións de banca electrónica de xeito seguro. "Ante as tecnoloxías protéxete" (23 abril) tratará sobre as medidas necesarias para termos unha boa pegada dixital e aquelas que garanten unha navegación segura e un manexo útil de internet, e que hai que ter en conta para non poñer datos en risco. Por último, en "O comercio electrónico" (20 maio) as persoas participantes serán dotadas das ferramentas básicas para mercar en liña de forma fiable.

Todas as charlas son ás 11.30 horas e teñen carácter gratuíto, pero requiren unha inscrición previa, que se pode facer de maneira presencial na propia OMIC, chamando ao teléfono 981 189 820 ou escribindo ao correo electrónico omic@coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión