Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2022

O Concello conmemora o Día do Comercio Local cunha exposición itinerante de ilustracións sobre a historia dos establecementos tradicionais

O Goberno municipal busca fomentar hábitos de consumo que repercutan directamente nos pequenos negocios a través desta e doutras accións

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Comercio, Mercados e Barrios, conmemora este 11 de novembro o Día do Comercio Local. O acto central desta nova campaña será unha exposición itinerante de ilustracións do debuxante Jorge Blanco sobre os comercios tradicionais da cidade e a súa historia.

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral Cabanas, presidiu a presentación desta mostra na súa primeira parada, no Obelisco. O seu obxectivo é dar a coñecer a historia e importancia do noso comercio local a través do recordo de parte dos nosos establecementos máis emblemáticos e icónicos.

"Esta é unha campaña do Goberno de Inés Rey para fomentar a compra no noso comercio local a través da memoria de todos aqueles establecementos da cidade que foron marcando a nosa historia e a da nosa veciñanza e a relación emocional co noso pequeno comercio local, que leva décadas contribuíndo a facer cidade", apuntou a concelleira. Esta exposición complementarase co reparto entre o tecido comercial da cidade de libros coas ilustracións elaboradas por Jorge Blanco, que serán repartidos entre a clientela no momento da compra.

Esta exposición itinerante contará con 15 localizacións en zonas comerciais da cidade e estará entre dous e tres días en cada lugar para, a continuación, ser trasladada ao seguinte punto. A maiores, para complementar as accións levadas a cabo neste día polo Goberno de Inés Rey para fomentar o consumo en comercios locais, lanzouse unha campaña de vídeo nas redes sociais do Concello e da Concellaría de Comercio, que se pode ver na seguinte ligazón.

A ruta da exposición será a seguinte:

  • 11 novembro: Obelisco
  • 14 novembro: praza entre a rúa Santiago e a rúa Dársena
  • 16 novembro: Campo da Leña
  • 19 novembro: praza de Lugo
  • 22 novembro: praza de Pontevedra
  • 24 novembro: praza da Tolerancia
  • 26 novembro: praza Elíptica
  • 29 novembro: praza das Conchiñas
  • 1 decembro: explanada do Palacio da Ópera
  • 4 decembro: rúa Anxo Senra
  • 7 decembro: rúa peonil da Gaiteira (esquina coa avenida de Oza)
  • 10 decembro: rúa Pablo Picasso coa rúa María Casares
  • 12 decembro: praza de Enrique Mariñas
  • 14 decembro: praza de Pablo Iglesias
  • 16 decembro: avenida de Novo Mesoiro (esquina coa rúa Laxe)
  • 19 decembro: fin da exposición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión