Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2022

O Concello da Coruña organiza o vindeiro 18 de novembro o ‘Foro de Comercio de Proximidade, Consumo Responsable, Alimentación e Hábitos Saudables’

A xornada, con asistencia de balde ata completar capacidade, terá lugar no Paraninfo da UDC e contará coa participación de recoñecidos divulgadores científicos e dietistas, como Deborah García, Aitor Sánchez e Aroa Arias

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, promove o vindeiro 18 de novembro o 'Foro de Comercio de Proximidade, Consumo Responsable, Alimentación e Hábitos Saudables', que terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña (UDC).

O obxectivo deste foro, de carácter formativo, participativo e orientado ao debate, é fomentar os principios que deben presidir o comercio local coa fin de garantir os dereitos das persoas consumidoras. Ademais, analizarase a importancia dos produtos de proximidade coa finalidade de fomentar hábitos sostibles e saudables, así como a súa incidencia na calidade de vida da cidadanía.

Esta xornada, que se levará a cabo o venres 18 en horario de mañá (de 9.00 a 14.00 horas), contará coa participación de especialistas e divulgadores científicos cun amplo percorrido profesional no eido do consumo e a alimentación, como a doutora en bioquímica Griselda Herrero, a dietista-nutricionista Adriana Fernández, o investigador e tecnólogo alimentario Aitor Sánchez, a divulgadora científica Deborah García, e a dietista especializada en nutrición materno-infantil Aroa Arias.

O programa completo da xornada é o seguinte:

  • 9.00: Inauguración.
  • 9.30: 'Relación entre a alimentación e as emocións', con Griselda Herrero.
  • 10.20: 'Alimentación saudable e riqueza gastronómica local', con Aitor Sánchez.
  • 11.10: 'O comercio de proximidade e os hábitos de vida saudables', con Adriana Fernández.
  • 12.00: Descanso.
  • 12.30: 'Sabes o que comes?', con Deborah García.
  • 13.20: 'Bos hábitos de alimentación desde a infancia', con Aroa Arias.
  • 14.00: Final do foro.

A asistencia ao foro, de balde ata completar capacidade, require inscrición previa. Pode solicitarse a inscrición a través do correo electrónico foroalimentacion2022coruna@gmail.com, indicando o nome completo da persoa interesada, así como un teléfono de contacto.

As solicitudes serán admitidas respectando a orde cronolóxica de recepción ata cubrir a capacidade do recinto. Máis información, no teléfono da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), o 981 189 820, ou a través do 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión