Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2022

O Concello promove os hábitos saudables e o consumo responsable a través dun foro de debate que contou con recoñecidos especialistas

A concelleira de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, Diana Sobral, puxo en valor o compromiso do Goberno municipal “para promover os hábitos saudables desde a infancia”

Recoñecidos especialistas no eido do consumo, a nutrición, a alimentación e a divulgación científica tomaron parte esta mañá no 'Foro de Comercio de Proximidade, Consumo Responsable, Alimentación e Hábitos Saudables', unha iniciativa promovida polo Concello que tivo lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña (UDC).

A doutora en bioquímica Griselda Herrero, a dietista-nutricionista Adriana Fernández, o investigador e tecnólogo alimentario Aitor Sánchez, a divulgadora científica Deborah García, e a dietista especializada en nutrición materno-infantil Aroa Arias, foron os protagonistas dunha xornada orientada ao debate e interacción co público asistente, e na que se puxeron sobre a mesa cuestións como a incidencia dos hábitos saludables na calidade de vida da cidadanía, así como a relevancia específica dos coidados da nutrición entre a rapazada, en idades temperás.

Neste sentido, e no contexto da rolda de intervencións, analizáronse as actuais políticas comunitarias para a protección dos dereitos das persoas consumidoras, que esixen achegar unha información clara e coherente sobre os produtos alimenticios como primeira liña de protección da cidadanía en materia de alimentación.

A concelleira de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, Diana Sobral Cabanas, subliñou o compromiso do Goberno de Inés Rey "para promover os hábitos saudables desde a infancia". Ademais, Sobral incidiu no traballo que, de forma transversal, se está a executar entre as áreas de Consumo, Educación e Servizos Sociais para concienciar á cidadanía, especialmente a través dos centros educativos e o tecido asociativo, "fundamentais para achegar unha información correcta sobre a relación entre a alimentación e a saúde".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión