Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2020

Os mercados coruñeses apoian a iniciativa #LaHoraDelPlaneta

Animan a súa clientela para sumarse ao maior movemento mundial contra o cambio climático e a perda de biodiversidade o vindeiro sábado 28 de marzo

Esta iniciativa, promovida polo Fondo Mundial da Natureza (WWF nas súas siglas en inglés), consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora.

Os mercados coruñeses convidan a súa clientela para sumarse a esta acción que este ano se realiza baixo o lema 'Loita pola túa natureza'. Nesta nova edición convócase a facelo de 20:30 a 21:30 horas o vindeiro sábado 28 de marzo.

#LaHoraDelPlaneta

A Hora do Planeta naceu en Sidney (Australia) en 2007 e cos anos converteuse nun movemento mundial do que xa forman parte miles de cidades de 188 países, que en pasadas edicións apagaron máis de 17.000 monumentos e edificios emblemáticos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión