Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cartel do concurso 2019

IX EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS "SEN ADICCIÓNS...UN BO PLAN"

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, dentro do marco de accións desenvolvidas polo Programa Municipal de Prevención de Adiccións no ámbito escolar e da promoción do lecer saudable na mocidade, convoca no ano 2019 a IX Edición do concurso de viñetas "Sen adiccións...un bo plan"*.

                                                                                                                                                           

O obxectivo do concurso é complementar as accións de prevención das adiccións realizadas nos centros escolares da cidade (talleres de prevención de consumo de tabaco, alcól e outras sustancias e do uso inadecuado de internet e redes sociais) e  implicar á mocidade no deseño de estratexias preventivas de sensibilización, así como fomentar os hábitos e as alternativas de lecer saudable.

Poderá participar a mocidade que estea a cursar o ensino de secundaria obrigatoria (ESO) e Formación profesional básica (FPB)  nos centros do municipio da Coruña, en dúas categorías: alumnado que cursa 1º e 2º de ESO e alumnado  que cursa  3º e 4º de ESO ou FPB. A participación poderá ser individual ou promovida polo centro escolar.

A temática das viñetas será unha interpretación libre (real, humorística, fantasiosa...) dos seguintes temas:

Categoría 1: "Lecer saudable... un bo plan"

Categoría 2: "Sen alcol e outras adiccións... un bo plan"

Preténdese que a viñeta mostre o que significa para a persoa participante ter "un bo plan" sen necesidade de recorrer a ningún hábito ou consumo adictivo e promovendo os hábitos saudables.

A presentación poderá realizarse nunha viñeta única, feita  a man, en formato DIN A4  ou un máximo de dúas viñetas, cun fío condutor, nunha  páxina  DIN A4. A viñeta poderá conter un lema ou frases, en castelán ou galego, en relación co debuxo. Cada participante  só poderá presentar unha obra orixinal e inédita,  non premiada con anterioridade.

Os traballos poden ser escaneados e enviados ata o día 22 de novembro de 2019, inclusive, por correo electrónico á seguinte dirección concurso@unboplan.com, ou ben se poden entregar por correo o presencialmente ata o día 22 de novembro en horario de 8:30 a 14:30 horas na seguinte dirección:

IX Concurso de Viñetas "Sen adiccións... un bo plan"

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

C/ Fernández Latorre 64-66 Entreplanta

15006- A Coruña

Calquera que sexa a forma de presentación elixida, debe incluír os seguintes datos:

Participante: Nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e, se é posible, unha dirección de correo electrónico na que avisarlle no caso de obter o premio, nome do centro escolar e curso no que estea matriculado.

Se a participación é promovida polo centro escolar débese incluír: Nome e dirección de correo electrónico do docente que promove a realización do concurso no centro, e si os centros escolares participan por cursos o con máis dunha viñeta se procederá como indican as bases do concurso que se recollen no díptico adxunto.

O premio, para cada unha das categorías, consistirá nun vale por valor de 125€ en material deportivo para a persoa premiada e, no caso que a participación fose promovida polo centro escolar,  un vale de 100€ en material  escolar para o centro premiado . Poderase outorgar un accésit por categoría, que consistirá nun vale por valor de 75€ en material deportivo para a persoa premiada  e, no caso que a participación fose promovida polo centro escolar, un vale  por valor de 50€ en material escolar para o centro premiado. O  fallo do concurso farase público ao longo do mes de decembro de 2019.  Máis información en: www.coruna.gal/serviciossociales/es e no díptico que recolle as bases do concurso.

Díptico do concurso (259 KB)

Cartel del concurso

IX EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS "SEN ADICCIÓNS... UN BO PLAN" PARA A PROMOCIÓN DO LECER SAUDABLE  NA MOCIDADE 2019

FALLO DO CONCURSO

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña fallou a IX Edición do concurso de viñetas: "Sen adiccións... un bo plan", para a promoción do lecer saudable na mocidade e a súa  implicación no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas.

A temática que se abordou nesta edición foi  para a categoría 1 (alumnos/as de 1º e 2º de ESO) "Lecer saudable... un bo plan" e para a categoría 2 (alumnos/as de 3º e 4º de ESO e FP básica) "Sen alcol e outras adiccións...un bo plan"

A temática que se abordou nesta edición foi  para a categoría 1 (alumnos/as de 1º e 2º de ESO) "Lecer saudable... un bo plan" e para a categoría 2 (alumnos/as de 3º e 4º de ESO e FP básica) "Sen alcol e outras adiccións...un bo plan"

Presentaron as súas obras a concurso un total de 726 mozos/as que cursan ESO na cidade, de forma individual ou promovidos polo seu centro escolar. O xurado destaca a labor realizada polos centros escolares de enseñanza secundaria da ciudade á hora de difundir e promover a participación neste concurso entre os seus alumnos.

As viñetas presentadas respetan na súa totalidade as bases do concurso. Nelas os autores reflicten a información recibida sobre a importancia da utilización saudable do lecer e dos coñecementos adquiridos nos talleres de prevención de adiccións  realizados nos centros escolares e da información preventiva recibida por distintos medios.

O xurado da IX Edición do concurso de viñetas "Sen adicción...un bo plan", para promoción do lecer saudable na mocidade,  reunido o día 9 de decembro ás  14:00 h,  procedeu a valoración das viñetas presentadas e fallou como premiadas as viñetas deseñadas polos seguintes participantes:

Categoría 1 (mocidade que cursa 1º -  2º de ESO):

Leticia Yañez Carpintero,  que cursa 1º de ESO no Centro Plurilingue Compañía de María.

Categoría 2 (mocidade que cursan 3º - 4º de ESO ou FP básica):

Nicole Rodríguez Leva, cursa 3º ESO, que  participoú de forma individual.

Accesit categoría 1 (mozas que cursan 1º e 2º de ESO):

Estefana Volontir, que cursa 1º de ESO no IES Agra do Orzán.

Accesit categoría 2 (mozas que cursan 3º e 4º de ESO e FP básica):

Raquel González Calvo, que cursa 4º da ESO no IES Salvador de Madariaga.

Accesit especial

A calidade das viñetas foi acorde coa amosada nas anteriores edicións, aínda que pola calidad das viñetas dos máis mozos e o número de participantes o Xurado da IX Edición do concurso "Sen adiccións, un bo plan" considerou otorgar, de forma puntual nesta edición, ademáis dos accésit anteriores, un accésit especial na categoría 1.

Este accésit especial  recae na viñeta presentada por Mariña Castro Souto que cursa 1º de ESO no IES Ramón Menéndez Pidal.

Entrega dos premios

Realizarase o día 16 de decembro ás 13:00 horas no Salón Real do Concello da Coruña pola Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Yoya Neira.

As viñetas gañadoras pasan a ser propiedade do Concello da Coruña e poden ser utilizadas en posteriores campañas ou actividades de prevención, así como para o desenvolvemento doutras actividades de carácter socioeducativo ou preventivo organizadas pola Concellería de Igualdade, Benestar Social y Participación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión