Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de setembro de 2019

Benestar Social realizará campañas de prevención da ludopatía nos colexios

A concelleira Yoya Neira presentou o XX Congreso FEJAR, en que colabora o concello, e que tratará de nos concienciar esta fin de semana, na Fundación Barrié, sobre unha adicción que afecta cada vez a idades máis temperás

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá o XX Congreso FEJAR, que terá lugar desde mañá ata o domingo na Fundación Barrié, organizado pola Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados e Agalure (Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados) e que coincide co 25 aniversario desta última. Os responsables de ambas as entidades, Máximo Gutiérrez e Francisco Gil, acudiron á presentación en que a edila destacou que a ludopatía é unha das cuestións que "máis nos preocupan pola incidencia en idades cada vez máis temperás, coa normalización social que supón este momento e que está tendo unhas consecuencias incalculables para as familias".

Esta cita, que leva o lema de "Prever e concienciar", é fundamental, segundo Neira, para lle darmos visibilidade e entra dentro dos dous grandes pivotes sobre os que a concellería vai traballar, como son as/os maiores e as/os menores: "Faremos campañas de concienciación coas asociacións que levan tantos anos traballando e que son as que coñecen de primeira man como evolucionan, neste caso, as adiccións ao xogo". A concelleira sinalou que solicitarán a colaboración dos centros educativos de primaria e secundaria e a das asociacións de nais e pais de alumnos, co fin de abordar un problema que, en moitas ocasións, está minimizado.

Por iso, Neira remarcou a importancia do congreso, xa que poñerá o foco sobre unha realidade e daralles unha visión de esperanza a todas as familias que teñen a un ser querido pasando por esta situación: "Por parte das administracións temos que traballar para que deixen de ser normais comportamentos que non o son". Pola súa parte, Máximo Gutiérrez valorou positivamente que se desenvolvan campañas como xa existen sobre outras adiccións porque "non é posible que o que vexamos na prensa sexan anuncios para publicitar xogos e ningunha sobre a ludopatía" cando "a baixada da media de idade vai a unha velocidade tremenda".

O presidente da federación explicou que se antes os períodos de latencia entre que unha persoa empeza a xogar até que se converte en ludópata eran de seis a oito anos, na actualidade son de menos dun ano: "É fundamental tratalo, concienciar a sociedade de que a actividade de xogo é lúdica para algunhas persoas e noutras causa danos irreparables".

Engadiu que outra das materias é a de informar as familias sobre as ferramentas que existen para acender as alarmas. Desde Agalure, Francisco Gil confirmou que na Coruña a tendencia é a mesma que no resto do Estado e que se en 2015 contabilizaban 40 persoas en busca dunha diagnose, hoxe serían 100.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión