Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

21 de outubro de 2019

O concello reabre Espazo Diverso, unha iniciativa aberta á cidade para o colectivo LGBTQI

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, participou esta tarde no acto de reapertura no Centro Cívico da Cidade Vella

Hoxe, con motivo da celebración do Día Mundial da Despatoloxización Trans, reábrese o Espazo Diverso da Coruña, un espazo inclusivo localizado no Centro Cívico da Cidade Vella para todas as persoas lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuais e queers, as súas familias e as entidades LGBTQI da cidade.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, asistiu ao acto e asegurou que esta reapertura "é unha nova etapa de colaboración entre o concello, as entidades e a comunidade educativa para traballar todos xuntos". A titular de Igualdade tamén explicou que o colectivo trans "é especialmente vulnerable e as políticas públicas deben centrarse nel", por iso non se dubidou á hora de elixir hoxe como o día para reabrir o Espazo Diverso. Neira tamén desexou un "futuro próspero a esta iniciativa que se desenrola desde un ámbito municipal".

Pola súa banda, o coordinador técnico AGASEX no Espazo municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero no Concello de A Coruña, Pablo Andrade Taboada, explicou que "ademais da atención persoal dirixida á población en xeral e ao público LGBTQI, temos un servicio de atención xurídica e psicolóxica" e manifestou que este ano queren traballar "os grupos reducidos de apoio mutuo especialmente para menores trans e as súas familias, así como grupos interxeracionais LGBTQI xa que a experiencia da xuventude e dos maiores suma e aporta moito". A nivel cultural, o espazo tamén realiza actividades "de recuperación da memoria história e actividades videofórum nas que se debaten proxecións audiovisuais", destacou.

No acto presentaronse aos medios e a cidadanía as novas prestacións, actividades e axenda do Espazo Diverso. A posteriori, proxectouse o documental "Vida e morte" de Marsha P. Johnson, unha activista transexual que morreu dunha maneira moi misteriosa no río Hudson de Nova York, que deixou todas as persoas da súa contorna coa dúbida de que fose un suicidio, como así certificou a policía, no canto dun asasinato. Despois da proxección, as persoas asistentes participaron nun debate videofórum.

Un espazo aberto á cidadanía

Espazo Diverso é unha iniciativa aberta, na que se recoñece a realidade existente e se traballa por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais. Un espazo próximo e acolledor, no que a cidadanía pode atopar información actualizada sobre os seus dereitos, recursos á súa disposición, a axenda de actividades LGTBQI da cidade e unha programación de talleres sobre diversidade afectivo-sexual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión