Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

24 de outubro de 2019

Rey destaca a importancia de xornadas como eWoman 2019 para conseguir a igualdade de xénero

A alcaldesa e as concelleiras de Turismo e Benestar Social, Diana Cabanas e Yoya Neira, acudiron a unha nova edición que premiou a traxectoria de Carmen Álvarez, de Carmelamola; da catedrática Minia Manteiga; de Rosa María Mirás, da firma Portomuíños; e da adestradora do RC Deportivo Genuine, Lucía Otero

A alcaldesa Inés Rey e as concelleiras de Turismo e Benestar Social, Diana Cabanas e Yoya Neira, asistiron esta mañá á xornada eWoman 2019, organizada por La Opinión e Prensa Ibérica, como recoñecemento a mulleres emprendedoras do país, e na que se outorgou o premio Negocio Online á rapaza Carmen Álvarez Rodríguez, pola súa firma de complementos Carmelamola. A rexedora foi a encargada de entregarlle o galardón nunha edición na que se distinguiu a traxectoria profesional by Caixabank da docente e investigadora Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica de Galicia, e da fundadora da empresa Portomuíños, Rosa María Mirás, pioneira en comercializar algas para o consumo en Galicia. Finalmente, o premio ao Mérito Deportivo by La Liga foi para Lucía Otero, adestradora do RC Deportivo Genuine.

Rey destacou a importancia da iniciativa porque "se precisan moitos eventos deste tipo para que a sociedade camiñe e avance en términos de igualdade de cara a compensar ese desaxuste social e facernos ver que pese ás condicións hostís, si se pode". Neste aspecto, recordou que ela como primeira alcaldesa democrática garda xa anécdotas no referente a entrevistas nas que lle preguntan pola seu aspecto físico e pola conciliación familiar, e ás que sempre contesta con que as responderá cando llas formulen aos homes tamén.

A rexedora valorou da xornada o paso por ela de persoas que dan exemplo ao destacaren en sectores nos que apenas hai presenza feminina como Laura Alegre, responsable do hotel Meliá María Pita onde tivo lugar a cita, ou Marta Albela, directora de banca retail de CaixaBank en Galicia.

En eWoman, unha produtora como Emma Lustres contou emocionada toda esa carreira de fondo para converter a firma no que hoxe é e un brazalete chamado Miriam Ríos falou do que está a vivir capitaneando ao Real Clube Deportivo de mulleres, nunha posta en escena na que a televisiva Patricia Pérez explicou a súa andaina como referente na naturopatía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión