Concello da Coruña

Concello da Coruña

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO LECER SAUDABLE PARA MOZAS/OS NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS 2019

A Concellaría de Xustiza Social e Coidados leva a cabo o Programa de promoción do lecer saudable para mozas/os nos centros cívicos e na súa contorna, no que oferta actividades dirixidas a mozas e mozos de 12 a 30 anos, que se desenvolverán principalmente nos meses de xullo e agosto.

Este programa, cofinanciado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, ten como obxectivos principais promover hábitos saudables, reforzar o lecer saudable e previr condutas inadecuadas entre a mocidade, mediante a promoción de actividades alternativas relacionadas co lecer construtivo.

As accións que se van realizar son de tipo deportivo, ambiental, artístico, audiovisual, formativo..., de distinta duración. Entre as actividades en que poderán participar as e os mozos desde 12/13/14 anos (dependendo da actividade) ata 17 anos, están: surf experience, cociña básica de supervivencia, zumba, volei praia, baile moderno, cociñas do mundo, xornada de iniciación á Astronomía, iniciación á robótica, recuncho de estudo da ESO, iniciación a youtuber, creación de curtametraxes con móbiles, xornada multiaventura, iniciación ao debuxo manga...

As mozas e mozos de 18 a 30 anos poderán participar en creación de páxinas web, cociña do mundo, cociña da avoa, zumba, fotografía analóxica, xornada de iniciación á Astronomía...

A inscrición nestas actividades realizarase do 25 ao 27 de xuño, en horario de 11.00 a 13.00 h e de 17.30 a 19.30 h, nos centros cívicos en que se desenvolve cada acción.

As actividades son gratuítas e as prazas limitadas. A admisión nas actividades será por orde de inscrición.

A realización de actividades estará condicionada á existencia dun número mínimo de persoas inscritas, que pode variar segundo as características de cada acción.

Para máis información, pódense dirixir aos centros cívicos municipais.

Outros contidos relacionados

  • Díptico Lecer Saudable (2 MB)
  • Fe de erratas do díptico do programa de lecer saudable 2019 (59 KB)

Outros contidos relacionados

  • Díptico Lecer Saudable (2 MB)
  • Fe de erratas do díptico do programa de lecer saudable 2019 (59 KB)

Outros contidos relacionados

  • Díptico Lecer Saudable (2 MB)
  • Fe de erratas do díptico do programa de lecer saudable 2019 (59 KB)

Outros contidos relacionados

  • Díptico Lecer Saudable (2 MB)
  • Fe de erratas do díptico do programa de lecer saudable 2019 (59 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión